13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





16 mar 2011

Sanidade reduce os puntos de luz aos funcionarios para fomentar o aforro

Os empregados deberán fotocopiar polas dúas caras e evitar o uso de cor

Inmersa na guerra do catálogo de fármacos para fomentar o aforro, Sanidade acaba de pór en marcha un plan para recortar ata o último céntimo o gasto corrente nos servizos centrais da consellería en Santiago. Un programa que se inscribe nas medidas de austeridade da Xunta, pero cuxa esixencia deixou desconcertados aos empregados públicos. Cristina Pérez, subdirectora xeral de Réxime Administrativo, reuniuse recentemente co persoal de mantemento e seguridade para apagar durante o día os focos nos corredores menos transitados e outras zonas que aproveitan mellor a luz natural. Unha iniciativa que vai máis aló de desconectar os computadores e a iluminación terminada a xornada, e que xerou malestar nalgúns empregados, que denuncian o estado de penumbra das instalacións.
Esta orde inscríbese nunha instrución datada o pasado 22 de febreiro -asinada pola secretaria xeral e a xerente do Sergas-, remitida a todo o persoal da consellería, e na que se estreita o cerco en aspectos laborais considerados ata agora nimios. Ao control no material de oficina e ao uso xeral do correo electrónico súmanse medidas máis estritas: a partir do 21 deste mes a impresión en cor resérvase a postos directivos e desde agora restrínxese o uso de mensaxería de carácter urxente. Prohibiuse a utilización de sobres para a comunicación interna e configuráronse as impresoras para que impriman por defecto en dobre cara. Unha batería de medidas que, en material de oficina, aforrará, segundo Sanidade, uns 120.000 euros, á espera de coñecer o dato de aforro eléctrico. «Nestes tempos, todo o que sexa aforrar, benvido é», resume Sanidade preguntada por unha circular que apoian moitos traballadores, pero que xerou certo malestar noutros, que cren que a austeridade non se aplica co mesmo criterio en todos os elos do Sergas.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario