Con motivo da celebración do Consello da Xunta de Galicia, a Plataforma manifestouse hoxe, xunto a outros colectivos, en Ferrol diante do Edificio Administrativo da Praza de España para amosar a nosa disconformidade co trato dado a esta Área Sanitaria en particular e á Sanidade Pública en xeral, por parte da actual Xunta de Galicia e dado a falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol:
- Redución de Orzamentos da Consellería de Sanidade e do Sergas.
- Falla de compromiso coa Atención Primaria.
- Incremento das listas de Espera.
- Aposta decidida polo Juan Cardona en detrimento da Sanidade Pública.
- Privatización da xestión dos centros de primaria de Cedeira, A Capela, Ares e Narón.
- Ningún investimento en alta tecnoloxía no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide.
- Diminución das contratacións de persoal.
- E outros moitas carencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario