13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





28 abr 2011

O tempo de espera medio para operarse é de 63 días

As cifras actuais son peores que as do trimestre anterior, pero mellores que as de hai un ano

La Voz de Galicia

Na área sanitaria de Monforte había a finais de marzo 512 pacientes á espera de operarse no hospital e o tempo de espera medio para pasar por quirófano era de 63 días. Estas cifras presentounas onte o director xerente do hospital, Benigno Pérez, que ademais engadiu que nestes momentos están cubertas todas as prazas de médicos que prevé o persoal e que o centro traballa ao 100% da súa capacidade.
O máximo responsable do hospital comparou as estatísticas de listas de espera do primeiro trimestre deste ano coas do mesmo período do 2010, e destacou que con respecto a entón a demora media para pasar por quirófano é hoxe once días máis reducida. En cambio, se a comparación se fai co trimestre anterior, as cifras empeoran lixeiramente, porque a finais de decembro a espera media para operarse en Monforte era de sesenta días, tres menos que agora.
Por servizos, os peores datos dáos oftalmoloxía, onde a espera media pasou dos 56 días de hai un ano aos 73 de agora (en decembro eran 47). Tampouco mellora otorrinolaringología, porque hoxe ten unha lista de espera de 49 días, dezanove máis que hai un ano e quince máis que en decembro.
As outras catro especialidades médicas de cirurxía dispoñibles no hospital comarcal si que melloran, tanto con respecto a decembro como a marzo do 2010. En cirurxía xeral a espera é de sesenta días, e era de 68 en decembro, igual que en marzo de hai un ano; en traumatología é de sesenta tamén, fronte aos setenta de hai tres meses e os 89 de hai un ano; en urología é de 44 días, e era de 58 en decembro e de 49 hai doce meses; e en ginecología a espera media está en trinta, e eran 48 hai tres meses e 34 fai doce.
O xerente do hospital monfortino subliñou tamén que o centro está por baixo dos límites establecidos como obxectivo pola Consellería de Sanidade para o tratamento de pacientes coas patoloxías máis graves. Os de prioridade un pasan por quirófano en dezaoito días, como media, cando o obxectivo xeral é que non esperen máis de trinta. Para os de prioridade dúas, a espera en Monforte é de 49 días.

41 días para consultas
En canto ás consultas, a 31 de marzo había 3.318 pacientes en espera, unha cifra lixeiramente superior á de hai tres meses, pero claramente inferior á de hai un ano, cando había 3.897. O tempo de espera medio para pasar consulta é de 41 días, igual que o trimestre pasado e un día menos que hai doce meses.
*Na web do Sergas non hai estatísticas anteriores
Fonte: páxina web do Sergas


No hay comentarios:

Publicar un comentario