13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





30 may 2011

Recortar en fármacos

A crise leva ás comunidades a crear medidas contra o gasto en menciñas ·· O catálogo galego segue en suspensión ·· A industria tamén se opón á poxa de Andalucía e ao listado vasco 

 Galicia Hoxe

O catálogo priorizado de medicamentos impulsado polo Sergas, actualmente en suspensión polo recurso do Goberno no Constitucional, non é a única medida extraordinaria que se tomou desde o ámbito autonómico para tratar de reducir o gasto farmacéutico. E é que a factura en medicamentos supera actualmente en España os 11.680 millóns de euros ao ano. O importe reduciuse un 7,6% nos últimos doce meses grazas tamén aos novos prezos de referencia impostos polo Ministerio de Sanidade, pero aínda segue acaparando unha parte importante dos orzamentos destinados á sanidade pública.
Nos últimos meses, a maioría das comunidades decidiron tomar cartas no asunto, do mesmo xeito que se fixo en Galicia en 2010 co catálogo. Nalgúns casos, esas medidas limitáronse a mellorar a promoción dos medicamentos xenéricos entre o colectivo de profesionais sanitarios, unha das tarefas pendentes en España respecto de Europa. Pero outras autonomías impulsaron decisións máis radicais, que -como na comunidade galega- contaron co rexeitamento unánime e absoluto da industria farmacéutica de todo o Estado.
O concurso público, unha nova fórmula
Unha das máis recentes é a poxa de fármacos que pretende levar a cabo a Xunta de Andalucía. Trataríase de realizar un concurso público para atención primaria similar ao que xa se realiza no ámbito hospitalario para a adquisición de subministracións. Desta forma, a Administración andaluza compraríalle principios activos -non marcas de medicamentos- ao ofertante que ofreza o mellor prezo.
A iniciativa conta co rexeitamento da industria farmacéutica e do Ministerio de Sanidade -en ambos os casos goberna o PSOE-, así como da Sociedade Española de Farmacia Comunitaria (Sefac). Esta última considera "ilegal" a medida e advirte de que propiciaría situacións de dúmping (venda por baixo do custo), que no caso de medicamentos "pode resultar especialmente grave para a poboación". A medida é pioneira en España e as autoridades están intentando atopar un soporte xurídico para levala a cabo, pero nin tan sequera cuantificaron o aforro que podería supor a implantación deste tipo de licitacións públicas.
Tampouco tivo o beneplácito da industria farmacéutica o catálogo de xenéricos imposto no País Vasco. O Executivo liderado por Patxi López aprobou a mediados do ano pasado unha lista de catro xenéricos priorizados: un anticoagulante e tres fármacos para o control do colesterol, contra a osteoporose e para combater a hipertensión. E agora prevé ampliala incluíndo outros sete antes deste verán.
Alegan que a prescrición non é obrigatoria
O Goberno vasco argumentou que a medida é totalmente legal, tendo en conta que a súa prescrición non é obrigatoria. De feito, os facultativos poderán seguir receitando fármacos de marca se o consideran necesario, aínda que para iso deberán elaborar un informe que xustifique esta decisión. A iniciativa tamén contou co rexeitamento frontal da patronal. Farmaindustria recorreu a medida por considerar que vulneraba o sistema de financiamento e prescrición de medicamentos. No caso estremeño, o goberno rexional afanouse en puír os fallos detectados na e-receita, xa vixente en Galicia. E Canarias puxo en marcha unha campaña para fomentar a responsabilidade do paciente polimedicado. O obxectivo en todos os casos é o mesmo: reducir gasto. .

Cataluña paraliza investimentos e mingua tarifas e gasto
Outras comunidades tamén se puxeron as pilas para reducir o gasto en medicamentos, que en España supera os 30,3 millóns de euros ó día. Por exemplo, o sistema informático implantado na administración sanitaria de Aragón prescribe case por defecto mediante principio activo. Autonomías como Asturias, Estremadura ou Castela-A Mancha tamén están potenciando este tipo de prescrición. O Goberno catalán tamén tomou moi en serio a necesidade de recortar o gasto público para lle facer fronte ó déficit. E boa parte desta responsabilidade recaeu sobre Catsalut (o Sergas catalán). En conxunto, o Executivo de Artur Mas prevé aforrar ata 500 millóns de euros durante este exercicio a través de distintas medidas.

Sen tratamentos de alerxias ou fármacos especiais
Catsalut decidiu paralizar investimentos no ámbito sanitario por 70 millóns. Tamén optou por deixar de financiar oito programas asintenciais -como tratamentos de alerxia ou farmacéuticos especiais- e ata se están renegociando os alugueres dos inmobles ocupados por este departamento autonómico, así como os contratos con provedores. As novas licitacións do Sergas catalán inclúen nalgúns casos rebaixas do 5% respecto dos prezos anteriores.
A todo iso únese un recorte na factura farmacéutica catalá que roldaría os 230 millóns, mercé á rebaixa de prezos de referencia que aprobou o Ministerio de Sanidade e a políticas adicionais de promoción de xenéricos e da prescrición por principio activo.

Comunidade Valenciana e Canarias controlan as tiras reactivas
A necesidade agudiza o enxeño, e iso é o que están facendo os goberno autonómicos para reducir o gasto farmacéutico. É o caso da Comunidade Valenciana, cuxo executivo elevou o control sobre o consumo dun produto tan común no ámbito sanitario como son as tiras reactivas. Pero non é o único goberno que tira por esa liña. Nos últimos meses, o de Canarias levantou un rebumbio cando expuxo sacalas das farmacias e dispensalas unicamente en centros de saúde e hospitais. Esta medida serviría para reducir o gasto -só na comunidade insular aforraríanse uns 8 millóns-, xa que a adquisición deste produto realizaraa directamente a Administración a través de compras centralizadas. Finalmente, o Goberno canario chegou a un acordo coas boticas: unha rebaixa de case cinco euros no prezo de cada envase de 50 unidades, co que o gasto se reducirá en 3,5 millóns de euros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario