13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





27 dic 2011

O Sergas amortizou 14 prazas nos centros de saúde nun ano

Segundo o comité, utiliza sistemas «perversos» de contratación

La Voz de Galicia


O Sergas está a utilizar sistemas «perversos» de contratación nos centros de Atención Primaria para evitar realizar contratos de substitución, segundo denunciou onte o comité do persoal dos centros de saúde da provincia. De acordo co afirmado, neste ano foron amortizadas 14 prazas na provincia, coa consecuente deterioración do sistema público de saúde.

A ausencia de contratos afecta a todo o persoal, pero aínda repercute máis na axenda dos facultativos. Ao non ser cubertas as baixas, están a rexistrarse atrasos de ata unha semana nas consultas de pacientes que xa tiñan cita. Tamén están sobrecargando de traballo ao resto do persoal, segundo sinalaron os representantes do Comité de Centro de Atención Primaria.

O seu presidente, Víctor Vila, confirmou que a rebaixa na calidade do servizo por falta de persoal suficiente está a xerar moitas queixas. Con todo, segundo corroboraron outros representantes dos traballadores, os usuarios non teñen o costume de presentar as queixas por escrito. Neste sentido instan a que os descontentos non se limiten a protestarlle á persoa que os atende, que tamén está a sufrir as consecuencias, senón que se formalicen por escrito.

Os representantes dos traballadores criticaron a decisión da consellería de pór en práctica os minicontratos, ata de dúas horas diarias, ou de ata cinco pero para persoas xa contratadas e que teñen que realizar o traballo dunha xornada completa a pesar de que non a cobran. Deste xeito, o Sergas tamén aforra o pago das vacacións. O comité denunciou presións e ameazas en determinados centros de saúde de Lugo para que non se sumasen ás concentracións convocadas polos sindicatos.

Ao non cubrir as baixas e aumentar as listas de espera, a xente que pode paga un médico privado para consultarse, coa consecuente deterioración do sistema público, segundo sinalaron os sindicalistas. Afirmaron que se trata dun modelo posto xa en marcha en Madrid e Valencia, e en Inglaterra na etapa de Thatcher

 Tres horas de calefacción e 14 graos

No hay comentarios:

Publicar un comentario