13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





7 ene 2011

A Xunta utiliza os xenéricos para presumir de austeridade

 Xornal.com

O Pleno do Parlamento galego, cos votos a favor de PP e BNG, puxeron en marcha a Lei de Racionalización do Gasto na Prestación de Farmacia, pola que se impulsa un catálogo de medicamentos que prima os xenéricos e que está subvencionado pola Seguridade Social. Este catálogo é máis reducido que o que existe no conxunto de España, e aínda que mantén todos os principios activos, desbota moitos fármacos que ata agora contaban con subvención. O Ministerio de Sanidade xa anunciou a interposición dun recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por exceder o marco competencial da comunidade autónoma e deixar aos galegos sen acceso a unha serie de medicamentos si financiados no resto do Estado.
Un medicamento xenérico presenta a mesma composición en principios activos e a mesma forma farmacéutica que un medicamento orixinal. Os xenéricos comercialízanse no mercado unha vez que a patente do medicamento orixinal –que soe ser de dez anos– caducou. A vantaxe principal destes medicamentos radica no aforro do prezo, xa que sobre os xenéricos non repercuten os investimentos realizados por cada compañía farmacéutica en descubrir o medicamento.
O problema de fondo coa lei galega que impulsa un catálogo de medicamentos ten que ver con que é a primeira vez na historia da autonomía que a Xunta de Galicia reduce os orzamentos de Sanidade, polo que trataría de reducir o gasto nos produtos farmacéuticos financiados polo Estado.
O impulso dos medicamentos xenéricos é unha boa opción e a maior parte dos profesionais da medicina están de acordo. Non obstante, a Consellería de Sanidade non xestionou este asunto polas canles establecidas. En primeiro lugar, a comunidade autónoma non ten competencias para lexislar en materia de fármacos e, ademais, a Consellería debería ter levado a súa proposta ao Consello Interterritorial, onde se reúnen os representantes de todas as autónomías para que fose ratificada a nivel estatal. Por outra banda, a mellor forma para que se receiten máis xenéricos é levando a cabo unha campaña de concienciación dos médicos, para o que é fundamental a receita electrónica –posta en marcha en Galicia durante o bipartito– que permite aos profesionais ver un listado de produtos onde poden elixir o máis económico. En Andalucía levan máis de 10 anos facendo este tipo de campañas e é unha das comunidades onde máis se receitan xenéricos.
O médico Pablo Vaamonde, entrevistado en Xornal de Galicia, sinala que a Consellería sabe que non fixo os trámites establecidos e que a norma será botada abaixo no TSXG. Vaamonde asegura que se trata “dunha montaxe propagandística” da Xunta para facer crer que se poderían aforrar moitos cartos e que o Goberno central non lles deixou. Para este médico de familia o Executivo trata de “camuflar” a redución de fondos en Sanidade cunha campaña “apoiada por La Voz de Galicia”, que defendeu os xénericos e o catálogo da Xunta ao mesmo tempo que se poñía en entredito a ética dos médicos.
O máis probable é que o recurso do Goberno sexa aceptado no TSXG, polo que a lei que impulsa o catálogo de medicamentos xenéricos non se poderá aplicar.

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario