13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





3 may 2011

Os sindicatos din que Farjas pon metas “irreais” para recortar soldos

Os representantes dos traballadores din que os obxectivos fixados pola Xunta son “incumpribles” e só buscan “aforrar”


Xornal de Galicia



Atender a todos os pacientes de prioridade 1 (os máis graves) en menos dun mes ou diagnosticar os cancros en dúas semanas. A Consellería de Sanidade endurece os criterios para que os médicos cobren os seus complementos de produtividade con metas como cumprir cunhas porcentaxes de prescrición de medicamentos por vías electrónicas ou de utilización da historia dixital. Os sindicatos mostran o seu rexeitamento e tachan de “irreais” ou “incumpribles” os obxectivos do Sergas, que segundo din, buscan “aforrar a conta dos profesionais”.
“Moitos dos obxectivos non se poden cumprir por falta de persoal ou medios”, explica a secretaria xeral de CC OO-Saúde, Lola González. Isto afecta o salario final dos facultativos –os únicos profesionais que cobran este complemento–, para os que este complemento suporá un total de 2.400 euros ao ano, tras ser recortado un 5% durante 2010 ao igual que as demais retribucións dos funcionarios.
María Xosé Abuín, da CIG, explica que estes indicadores “non teñen relación coa realidade” dos centros do Sergas. Así, segundo relatan os sindicatos, os novos criterios para avaliar a produtividade dos profesionais médicos foron fixados “sen a participación” dos traballadores. Deste xeito, segundo explican, as metas para este 2011 están máis baseadas no aforro que na mellora da prestación dos servizos”.
Mentres para percibir este complemento teñen que reducir as listas de espera ou acelerar os procedementos de diagnóstico, “recortan persoal e non cobren as baixas”, explica Javier Martínez de UGT. “Cada vez hai menos médicos, máis pacientes e menos substitucións”, argumenta.
Lola González alega que tamén hai que ter en conta as condicións que se dan nos centros: non se pode reducir as listas de espera se hai que pechar camas durante o verán, ou se desde a Consellería de Sanidade continúan a prohibir as peonadas para adiantar operacións nas quendas de tarde.
A implantación da e-receita ou da historia electrónica tamén supoñen un problema, posto que a pesar de ser un punto que conta para cobrar este complemento salarial, non está implantado en todos os centros, segundo explican desde CCOO ou desde UGT. A maiores, Lola González avisa de que as baixas ou os permisos de paternidade non se teñen en conta para o cálculo deste plus. É dicir, a inactividade dos meses de ausencia tamén se ten en conta á hora de avaliar a contribución de cada profesional á produtividade do Sergas no total do ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario