13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





9 ene 2011

A Xunta privatiza por 2,7 millóns os teléfonos de atención ao cidadán

A compañía adxudicataria seleccionará o seu propio persoal e estipulará o número de traballadores de cada liña telefónica

 Xornal.com

Durante, cando menos, dous anos dende a adxudicación do contrato que a Consellería de Presidencia comezou a tramitar o pasado 31 de decembro, os cidadáns que empreguen 12 liñas de atención telefónica da Xunta serán atendidos por persoal que traballará en instalacións alleas á Administración autonómica, e que desenvolverá o seu labor ao servizo dunha empresa privada que recibirá un máximo de 2,7 millóns de euros por xestionar estes servizos do Goberno.
As empresas interesadas en facerse con este contrato, xestionado polo departamento que dirixe Alfonso Rueda, teñen xa á súa disposición un amplo prego no que a Xunta detalla as características dunhas liñas telefónicas que reciben, segundo datos oficiais, algo menos de dous millóns de chamadas anuais para tratar temáticas moi variadas.
Coa intención xenérica de unificar todos os seus teléfonos de atención ao cidadán na actual liña 012, que ofrece información xeral sobre os diversos departamentos autonómicos, o Goberno galego saca a concurso a explotación de liñas tan dispares como o teléfono de información ao agro galego, o de información ás mulleres, a liña de atención en materia de vivenda, os teléfonos sociais e de axuda á infancia, o servizo telefónico da área de emprego, o teléfono do voluntariado, o teléfono xove de atención á mocidade, o servizo de información afectivo sexual dos centros Quérote, o teléfono de dependencia e o 065 de “apoio á mobilidade persoal”.
Esta pluralidade de temáticas a tratar deriva, a priori, nunha especialización do persoal que atenda as chamadas e sobre o que, non obstante, a Xunta non terá ningún tipo de control directo, dado que, segundo indica o prego de condicións, o propio proceso de contratación xa correrá “por conta e risco” da empresa, especificando que, en ningún caso, haberá unha relación “funcionarial” entre os traballadores e a Administración autonómica.
Neste senso, a Consellería especifica, como trazos “xenéricos”, que os teleoperadores deberán “ofrecer un nivel óptimo de servizo”, “atender todas as chamadas cortés e correctamente” e “cumprir e facer cumprir os procedementos, normas, protocolos e instrucións” que establecerán as consellerías das que depende cada liña de atención.
Igual cá contratación, a empresa adxudicataria será tamén a encargada de “determinar os efectivos mínimos” que considere “necesarios” para poder prestar os servizos. Na actualidade, os distintos servizos de atención telefónica contan con 57 traballadores, un dato que Presidencia ofrece a efectos orientativos nas condicións do contrato pero que permite observar, por exemplo, que na actualidade non hai ningún traballador asignado ao teléfono xove, á liña de información en materia de vivenda nin ao teléfono dos centros Quérote, estes dous últimos postos en marcha durante o mandato do Goberno bipartito da Xunta.
Sen saír da área do persoal, os datos que a Administración ofrece á posible empresa adxudicataria amosan tamén as materias sensibles que, de agora en diante, serán xestionadas en primeira instancia por unha empresa privada dende as súas propias instalacións. O persoal seleccionado e xestionado polo beneficiario do contrato terá a responsabilidade de ofrecer “asesoramento psicolóxico, xurídico e social” ás usuarias do Teléfono da Muller, concibido, entre outros aspectos, como unha vía de atención ás vítimas da violencia machista.
Do mesmo xeito, estes traballadores serán os responsables do “control de flotas” do servizo de transporte adaptado, creado pola antiga Vicepresidencia para facilitar a mobilidade de, por exemplo, anciáns usuarios de centros de día. Neste caso, Presidencia recoñece que o persoal “pode verse obrigado” a “intervir naqueles supostos en que se detecten situacións de risco e canalizar as correspondentes denuncias”. No caso da liña de atención á infancia, a mesma empresa realizará “as xestións oportunas para o internamento de urxencia en centros de menores”.
Segundo indica Presidencia, a desaparición de todas estas liñas para integrárense no 012 non será instantánea nin total. Así, os servizos telefónicos gratuítos de atención á muller ou a liña de axuda á infancia, entre outros, manterán a súa numeración actual. O resto, en principio, desaparecerán nun prazo de catro meses dende a adxudicación dun contrato que, non obstante, acumula xa varios meses de atraso, xa que a súa sinatura, segundo o prego de condicións, estaba “prevista” para o 1 de maio do pasado 2010.


O Sergas, banco de probas do teléfono privado

A Xunta contrata unha empresa por 1,9 millóns para o servizo de cita previa


  

8 ene 2011

Galicia está entre as comunidades con máis incidencia de gripe A

O virus recruou na última semana do ano ata afectar a 153 persoas por cada 100.000 habitantes, datos que superan os picos máis altos da temporada 2009-2010

Afecta máis ós menores de 15 anos 

 

A Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica do Instituto de Saúde Carlos III continúa rexistrando un incremento da actividade gripal en España, que está asociado a unha maior difusión do virus A/H1N1, sendo ademais o causante do 85% dos casos de gripe máis graves que requiriron hospitalización.
Segundo o último Boletín do Sistema de Vixilancia da Gripe, do Instituto de Saúde Carlos III, correspondente á última semana do ano, continúa a fase de ascenso da onda pandémica, cunha incidencia de 153 casos por cada 100.000 habitantes, datos que superan os picos máis altos da temporada 2009-2010.
Por comunidades, a incidencia da gripe é alta en Galicia, Asturias, País Vasco e A Rioxa.
En Cantabria, Navarra, Cataluña, Comunidade Valenciana, Baleares, Castela e León, Madrid, Estremadura, Castela-A Mancha e Canarias, a incidencia é media, mentres que é baixa en Aragón, Andalucía e Murcia, ademais de en as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Os menores de 15 anos son os máis afectados, aínda que esta semana destaca o aumento significativo nos grupos de 15 a 64 anos e maiores de 64 anos.
Desde o inicio da temporada notificáronse 94 casos hospitalizados, dos que 59 son homes e 35 mulleres. Destes, cinco pacientes acabaron falecendo, dous de 15 a 44 anos e os outros tres de 45 a 64 anos. O 85,7% dos infectados con factores de risco non puxeran a vacina antigripal esta tempada.

   

 

Trabajo y sindicatos vuelven a reunirse en un clima pesimista

Tras la reunión de ayer, esta mañana están reunidos de nuevo para intentar acercar posturas sobre las pensiones, pero crece la amenaza de una huelga 

 

 Con el aliento en la nuca ante la cercanía de una segunda huelga general contra José Luis Rodríguez Zapatero, los sindicatos y el Ministerio de Trabajo han vuelto a reunirse hoy. Los ánimos pesimistas; en el punto de mira, la negociación sobre las pensiones. En la cita de ayer, según uno de los asistentes, se trataron temas generales. Mientras, fuentes de Trabajo mostraban su esperanza en que la continuación de las conversaciones hoy fuera una buena señal.

 

7 ene 2011

Consumo levanta acta contra el asador marbellí por su actitud con el tabaco

Puede multarle con hasta 600.000 euros

Europa Press


  La directora general de Consumo de la Junta de Andalucía, Fátima Ramírez, ha advertido al Asador Guadalmina de Marbella (Málaga) de que si no deponen su actitud, contraria a la nueva Ley Antitabaco, podría imponerle una sanción que oscilaría entre 10.000 y 600.000 euros.
   Ramírez ha explicado en rueda de prensa que actualmente el proceso "está en marcha", de forma que se ha levantado acta contra este restaurante de Marbella y tramita el correspondiente expediente y se le ha entregado "en mano" un requerimiento para que deponga su actitud frente a esta norma.
   Ha advertido, en ese sentido, de que si el propietario de este asador no depone su actitud y mantiene su negativa, se le podría imponer una sanción que oscilaría entre los 10.000 y 600.000 euros.
   El propietario del Asador Guadalmina de Marbella (Málaga), José Eugenio Arias, que permite fumar en el interior de su establecimiento, negándose a acatar la reforma de la Ley Antitabaco, está recogiendo desde este miércoles en su restaurante firmas contra esta normativa para trasladarlas al Defensor del Pueblo. Además, contempla la posibilidad de transformar su negocio en una sociedad gastronómica para que no tenga cabida dicha prohibición.
   Por otro lado, Ramírez ha asegurado que la Junta de Andalucía no ha recibido ninguna queja en los servicios de Consumo por incumplimientos de la nueva Ley antitabaco.
   Así, ésta ha destacado el "alto grado de cumplimiento" de la nueva norma desde el inicio de su aplicación a partir del pasado 2 de enero. Ramírez ha indicado que "no se ha registrado ninguna queja en los servicios generales de Consumo".
   Esta afirmación coincide con la expresada por el presidente de la Federación Andaluza de Hostelería, José Manuel Ledesma, quien ha asegurado que los restaurantes, cafeterías y bares andaluces están efectuando un cumplimiento "total y absolutamente riguroso" de la nueva Ley Antitabaco.
   Por el contrario, el pasado martes, Facua-Consumidores en Acción aseguraba que había recibido más de 1.000 denuncias a través de la web 'Facua.org/leydeltabaco' por "incumplimientos" de la Ley del tabaco por parte de establecimientos y organismos públicos, tras dos días del inicio de su campaña. El portavoz de la organización, Rubén Sánchez, indica que el pasado martes había registrado 1.014 denuncias. De éstas, 879 denuncias ya han sido clasificadas por Facua por provincias para su posterior remisión a las autoridades sanitarias autonómicas.

ABIERTO DESDE EL 2 DE ENERO: Más de 400 personas forman el primer Club de Fumadores en Ourense

Según los promotores, tuvieron que presentar “mucho papeleo” en “la Xunta de Galicia y (el Ministerio de) Sanidad” 

Redaccionmedica.com


La ciudad de Ourense cuenta desde el 2 de enero, cuando entró en vigor la Ley antitabaco, con un local para fumadores anexo a una cafetería y que se creó como Club de Fumadores. Concretamente, se trata de un establecimiento junto a una cafetería y cuyos promotores aseguran que es una iniciativa pionera en España que ha tenido "una gran acogida", con ya 440 socios.

El presidente del Club de Fumadores de Ourense, Carlos Ramón Cid, ha explicado que la iniciativa se fraguó a través de conversaciones entre los camareros del Café Xesteira, --en el que él trabaja--, y de los propios clientes del establecimiento hostelero.

Carlos Ramón Cid ha indicado que el club, ubicado en el primer piso del edificio Xesteira, anexo a la cafetería, abrió sus puertas al público el 2 de enero. Previamente, tres compañeros de trabajo tomando un café habían hablado de esta posibilidad y decidieron comentarle la idea al asesor jurídico de la empresa "que dijo que se podía abrir".

El presidente del Club manifestó que hasta la apertura del local tuvieron que presentar "mucho papeleo" en "la Xunta de Galicia y (el Ministerio de) Sanidad". En este sentido, afirmó que la filosofía de esta entidad de reciente creación es que "la gente tenga donde tomarse un café y fumarse un cigarrillo para no tener que estar en la calle tirado".

Carlos Ramón Cid aseguró que, desde la puesta en marcha del Club, les han dicho "de todo". Desde "dar la enhorabuena por haber puesto en marcha esta iniciativa, hasta llamar de Madrid o Barcelona pidiendo información".

También indicó que durante los últimos días escucha de los usuarios del club "desde que si los fumadores parece que sean apestados o leprosos" hasta que "parece que tengan que estar tirados en la calle fumando el cigarrillo llueva o haga frío".

El presidente del Club de Fumadores de Ourense señaló que recibieron multitud de llamadas procedentes de los municipios Carballiño o Valdeorras o Xinzo y Verín" para demandar información "así como gente que pregunta cómo se puede llegar a hacer esto".

Funcionamiento

Carlos Ramón Cid explicó que desde la puesta en marcha del club los socios llegan al Café Teatro Xesteira y allí "piden su consumición en la barra y la pagan", para después trasladarse a la "sala privada donde toman su café, lo que le apetezca, leen la prensa, se echan su cigarrillo y lo quieran".

En este sentido, reconoció que en dicho club la situación es "similar" a lo que se podría hacer antes de la entrada en vigor de la Ley Antitabaco, "sólo que es para los socios". Las personas que estén interesadas en hacerse abonadas pueden acercarse al establecimiento.

  

Aos pubs baixáronselles os fumes

Os bares e restaurantes enfrontáronse a noite de Reyes á primeira esmorga nocturna do ano sen tabaco. Resultado: locais menos abarrotados e beirarrúas cheas.

La Voz de Galicia

A polémica lei antitabaco superou a súa proba de lume a pasada noite de Reyes, xa que nunha velada tan máxica o fume se esfumó das cafeterías, pubs e restaurantes. Nun percorrido por algúns establecementos do centro da Coruña, onde ata a tarde de onte non se notificou ningunha sanción, os hostaleiros apuntaron que só tiveran que recordar a algún descoidado que a nova normativa impide fumar nos locais públicos pechados. Os clientes están concienciados e ata agora non se produciu ningún conflito con algún fumador que quixese acender un pitillo dentro do local. «Só tivemos que informar a dúas persoas que non se pode fumar aquí e moi amablemente apagaron os seus pitillos e saíron ao exterior», apunta José Luis Macías, do Tío Ovidio. Pedro, da Cova Céltica, tamén destacou a reacción modélica dos fumadores. «A xente tómao ben. É cuestión de cambiar as costumes». Esta última idea é compartida pola maioría dos fumadores.
Aínda así a polémica está servida e os debates repítense nas portas dos locais, e é que neste principio de ano as beirarrúas están máis concorridas que os propios pubs. «A parte boa, o lado social e que fumas menos, pero o malo é que se queres fumar á vez que falas cos teus amigos non podes. É afacerse», comentou Xacobe Pereiro. O seu amigo Miguel Silvestre Prado interrompeuno para apuntar que «en Irlanda unha lei menos restritiva que esta fixo que pechasen o 20% dos bares do país. Se en España pasa iso agora mesmo...». Aínda así hai quen, como Fernando Mahía, opina que os donos dos bares tiñan que poder exercer o seu libre dereito a deixar fumar ou non nos seus bares.
Entrada a madrugada, a rúa da movida nocturna por excelencia, a do Orzán, era un claro exemplo das situacións que se repetirán a partir de agora como consecuencia da lei promovida por Sanidade. Grupos de amigos apilados nas portas dos locais, copa en man debatendo sobre a normativa que os obriga a gozar do «vicio» na rúa.

Denuncias dos veciños
«Estamos non limbo. A primeira parte de que non se poida fumar dentro é fumar fóra e despois a terceira parte vai ser que denuncien os veciños porque evidentemente tamén teñen dereitos, e estar aquí fumando cunhas copas, fumando e berrando eles non teñen porque aturalo», afirmou Nelson Quinteiro. «Din que o fan pola saúde do pobo. Mentira. Se fose así o prohibiría completamente, ¿por que non o fixeron antes? O día de mañá poden dicir que o alcol fai mal», comenta Nicolás Dangello ás portas do Crocodilo, na rúa da Barreira. Os mozos coinciden que a lei ten pouco que facer dentro das discotecas e pubs. «É imposible de controlar», di Joel García. «Ao final a xente o que vai facer é máis botellón, porque se non podes fumar tes que entrar, saír, entrar...», sinala Jessica.
   

Os médicos de familia que pasaron a oposición elixirán destino en febreiro

Durante a primeira quincena dese mes publicaranse as prazas que están vacantes e citarase tanto a estes facultativos como aos doutras categorías de primaria como odontólogos, pediatras e farmacéuticos.

La Voz de Galicia

Os médicos de familia que aprobaron a última oposición do Sergas -cuxos exames se celebraron en xuño do 2009- poderán elixir destino en febreiro, despois de que durante a primeira quincena dese mes publíquense as prazas que están vacantes e cítese tanto a estes facultativos como aos doutras categorías de primaria como odontólogos, pediatras e farmacéuticos.
Segundo a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos de Galicia, a incorporación farase a partir de marzo, polo tempo que se necesita para actualizar os cartóns sanitarios. O calendario pode ademais adiantarse ou demorarse lixeiramente en función do número de reclamacións que haxa.

    

O Sergas estende a toda Galicia o teléfono 902 para citas médicas

As áreas de Vigo, A Coruña e Ferrol súmanse ao número único para consultas co doutor de cabeceira.

La Voz de Galicia

O Servizo Galego de Saúde está a piques de levar a todos os cidadáns un servizo telefónico de cita previa para o médico de cabeceira. A central de chamadas serve para que calquera paciente poida pedir unha consulta no seu centro de saúde. Todos o farán a través dun número único, de maneira que non sexa necesario chamar a cada centro de saúde.
Ata agora, os habitantes das áreas sanitarias de Ourense, Lugo, Santiago e Pontevedra xa tiñan esta posibilidade. Sumaban 1,4 millóns de persoas (o 52% da poboación galega), aos que agora se une o resto de Galicia. Así pois, incorporaranse as áreas de Vigo, A Coruña e Ferrol.
En poucas semanas porase en marcha, porque o Sergas xa adxudicou o contrato á unión de empresas Contacnova-Centro de Atención de Chamadas. Esta firma ten o encargo de contratar operadores telefónicos que atendan as chamadas dos cidadáns para xestionar as citas. Recibirá por iso 1.659.788 euros durante un ano.
O teléfono do que se fará cargo é o 902 077 333, un servizo que se coñece como Saúde en liña . Aínda que é un 902, e xa que logo de tarifa elevada, ata agora existían outros números asociados: 988 398 350 (Ourense), 982 269 893 (Lugo), 981 952 950 (Santiago) e 986 806 350 (Pontevedra).
O Goberno bipartito puxo en marcha a central de chamadas e pretendía estendela a toda Galicia. O proxecto quedou suspendido co envorco electoral de marzo do 2009. Cultivara unha forte oposición sindical. As centrais clamaban contra o que consideraban unha privatización do servizo.
Agora a Xunta retoma o proxecto a través da empresa pública Galaria (o antigo Instituto de Medicina Técnica, Medtec), que realiza labores de asesoría para o Sergas e ten unidades asistenciais de alta tecnoloxía no sur de Galicia.

Chamadas automáticas
Coa central, a Administración pretende ir automatizando as chamadas, de maneira que o paciente sexa atendido por unha central e non por unha persoa, grazas a un sistema de recoñecemento de voz. Así consta no contrato xa adxudicado polo Sergas, que di que é necesario «reducir o número de persoas que deban ser atendidas persoalmente por operadores». Ademais, quere que estea operativo as 24 horas do día, xa que agora só se pode solicitar unha consulta co médico de cabeceira entre as 8 e as 21 horas, de luns a venres.
Actualmente, o servizo de cita previa que atende a 1,4 millóns de persoas conta con 80 traballadores a tempo parcial e dous a tempo completo. Grazas a este sistema, sábese que o luns é o día en que se producen máis chamadas en Galicia para pedir cita co médico de cabeceira. En concreto, unha de cada tres chamadas. E delas, a metade xestiónanse entre as oito e as once da mañá.
Os profesionais de atención primaria de Galicia pasan máis de 100.000 consultas diarias.

    

La ley del gasto farmacéutico (Alfonso Villagómez. Maxistrado)

Xornal.com

La Ley de Galicia sobre racionalización del gasto farmacéutico que apareció publicada en el DOG del pasado 28 de diciembre, plantea serias dudas sobre su corrección jurídica, desde una perspectiva constitucional. Esta disposición legal autonómica contiene la regulación por la Xunta de un catálogo de medicamentos que entró en vigor el 3 enero, y que, a mi juicio, podría suponer, por un lado, una invasión en las competencias del Estado y, por otro, una infracción de principios constitucionales. En efecto, la prescripción farmacéutica es una materia cuya ordenación y controles corresponden al Ministerio de Sanidad y no de las Comunidades Autónomas, pues el 149.1. 16 de la Constitución ha atribuido al Estado, precisamente, la competencia exclusiva en la legislación sobre productos farmacéuticos. No obstante, los Parlamentos autonómicos pueden participar en dicha ordenación legislativa, pero dentro naturalmente de los principios y normas constitucionales, de tal manera que se conforma un llamado “bloque” de constitucionalidad en la materia. Estamos así ante una superestructura legal en la que confluyen leyes autonómicas y estatales con la Constitución como paraguas normativo que si siempre es compleja descifrar, y más aun cuando aquí contamos con una Ley estatal del Medicamento, que es del año 1990, y que vino a complicar más las cosas desde el momento que lejos de clarificar la cuestión añadió más confusión.
En cualquier caso, como decía, en esta Ley gallega se establece un catálogo de productos farmacéuticos para que los médicos deban recetar siempre aquellos medicamentos más baratos de los equivalentes en una lista que se revisará cada dos meses, de conformidad al nomenclatura oficial. Es decir, se configura legalmente un criterio “restrictivo” que es vinculante para los profesionales de la medicina desde el momento en que se les obliga a priorizar los fármacos que van a poder decidir en los diagnósticos a los pacientes sobre la base de un criterio exclusivamente economicista. Lo que de entrada suscita una posible contradicción de esta medida con los principios constitucionales de ejercicio de las profesiones tituladas (artículo 36 Constitución), y, sobre todo, con los derechos de los ciudadanos de Galicia a las prestaciones y servicios de salud pública. (artículo 43 Constitucion).
Pero, sin duda, en donde las dudas de constitucionalidad de la Ley autonómica se vuelven certezas es en razón al principio constitucional de igualdad, y de prohibición de tratamientos desigualitarios a los ciudadanos según las Comunidades Autónomas en las que residen. En la actualidad, los médicos en España pueden recetar cualquier fármaco que se encuentre por debajo del precio de referencia, aunque no sea el más económico en atención de las patologías a tratar, por lo que los pacientes que tengan que recibir la prestación en la sanidad pública de Galicia podrían verse desatendidos en este vital aspecto con relación a los de las restantes Comunidades Autónomas, aunque los medicamentos catalogados a dispensar en las farmacias tuvieran los mismos principios activos. Lo que vulneraría el mandato contenido en el artículo 139. 1 de la Constitución que establece que todos los españoles tienen los mismos derechos y obligaciones en cualquier parte del territorio del Estado, y, en su apartado 2, prohíbe que las autoridades puedan adoptar medidas que obstaculicen la libre circulación de bienes. Los los medicamentos son así bienes, y, ademas, unos bienes de primera necesidad.
Por todo ello, a mi juicio, existen suficientes motivos para cuestionar ante el Tribunal Constitucional algunos de esos puntos de la Ley 12/2010, de 22 de diciembre, de racionalización del gasto en la prestación farmacéutica de la Comunidad Autónoma de Galicia. Sin olvidar, en fin, que la interposición por el Gobierno de un recurso de inconstitucionalidad por invasión competencial provocaría la suspensión automática de esta ley.

    

A Xunta utiliza os xenéricos para presumir de austeridade

 Xornal.com

O Pleno do Parlamento galego, cos votos a favor de PP e BNG, puxeron en marcha a Lei de Racionalización do Gasto na Prestación de Farmacia, pola que se impulsa un catálogo de medicamentos que prima os xenéricos e que está subvencionado pola Seguridade Social. Este catálogo é máis reducido que o que existe no conxunto de España, e aínda que mantén todos os principios activos, desbota moitos fármacos que ata agora contaban con subvención. O Ministerio de Sanidade xa anunciou a interposición dun recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por exceder o marco competencial da comunidade autónoma e deixar aos galegos sen acceso a unha serie de medicamentos si financiados no resto do Estado.
Un medicamento xenérico presenta a mesma composición en principios activos e a mesma forma farmacéutica que un medicamento orixinal. Os xenéricos comercialízanse no mercado unha vez que a patente do medicamento orixinal –que soe ser de dez anos– caducou. A vantaxe principal destes medicamentos radica no aforro do prezo, xa que sobre os xenéricos non repercuten os investimentos realizados por cada compañía farmacéutica en descubrir o medicamento.
O problema de fondo coa lei galega que impulsa un catálogo de medicamentos ten que ver con que é a primeira vez na historia da autonomía que a Xunta de Galicia reduce os orzamentos de Sanidade, polo que trataría de reducir o gasto nos produtos farmacéuticos financiados polo Estado.
O impulso dos medicamentos xenéricos é unha boa opción e a maior parte dos profesionais da medicina están de acordo. Non obstante, a Consellería de Sanidade non xestionou este asunto polas canles establecidas. En primeiro lugar, a comunidade autónoma non ten competencias para lexislar en materia de fármacos e, ademais, a Consellería debería ter levado a súa proposta ao Consello Interterritorial, onde se reúnen os representantes de todas as autónomías para que fose ratificada a nivel estatal. Por outra banda, a mellor forma para que se receiten máis xenéricos é levando a cabo unha campaña de concienciación dos médicos, para o que é fundamental a receita electrónica –posta en marcha en Galicia durante o bipartito– que permite aos profesionais ver un listado de produtos onde poden elixir o máis económico. En Andalucía levan máis de 10 anos facendo este tipo de campañas e é unha das comunidades onde máis se receitan xenéricos.
O médico Pablo Vaamonde, entrevistado en Xornal de Galicia, sinala que a Consellería sabe que non fixo os trámites establecidos e que a norma será botada abaixo no TSXG. Vaamonde asegura que se trata “dunha montaxe propagandística” da Xunta para facer crer que se poderían aforrar moitos cartos e que o Goberno central non lles deixou. Para este médico de familia o Executivo trata de “camuflar” a redución de fondos en Sanidade cunha campaña “apoiada por La Voz de Galicia”, que defendeu os xénericos e o catálogo da Xunta ao mesmo tempo que se poñía en entredito a ética dos médicos.
O máis probable é que o recurso do Goberno sexa aceptado no TSXG, polo que a lei que impulsa o catálogo de medicamentos xenéricos non se poderá aplicar.