13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





30 abr 2011

La Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública ha presentado una demanda ante el Defensor del Pueblo para que solicite la anulación del RD 605/2003

La Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública ha presentado una demanda ante el Defensor del Pueblo para que solicite la anulación del RD 605/2003 que establece medidas para el tratamiento homogéneo de la información sobre las Listas de Espera en el SNS porque consideramos que:
-          Vulnera la Ley de Cohesión del SNS y  el articulo 43 la Constitución Española ya favorece la desigualdad entre los ciudadanos,  permite que  las administraciones sanitarias manipulen y  maquillen las listas de espera y  conduce a que su publicación sea una herramienta al servicio de los enfrentamientos políticos en lugar de un recurso al servicio  de la información a los pacientes.
-          Consideramos que  necesario que las listas reflejen el tiempo real que los pacientes soportan hasta ser intervenidos (hasta que es atendido por el especialista, la realización de  las pruebas diagnósticas, el retorno al especialista y la indicación por este de la intervención (ahora solo se contabiliza este último)
-          No es justificable la existencia de  dos listas (estructurada  y no estructurada) que falsea la realidad .En Galicia las listas no estructuradas ocultan más del 30% de los pacientes en espera
-          Los medicos de AP deberán disponer de los recursos necesarios para gestionar la atención y la espera de sus pacientes y evitar que algunos servicios cierren las listas dejando indefensos a los pacientes
-          Los pacientes deben conocer los criterios que utiliza la administración para priorizar las consultas e intervenciones, como se les ha aplicado a ellos y el puesto que ocupan en la lista para evitar abusos y enchufismos)
-          Los pacientes de todas las priordades deben conocer los tiempo máximos de espera que deberán soportar
-          No es aceptable la discriminación que supone que se saque de las litas de espera a quien no quiera ser intervenido en un centro privado concertado y hace uso de su derecho de elección , por confiar más en los hospitales públicos (son sacados de las listas)
·         Debe conocerse el número de pacientes que salen de las litas por ser intervenidos en centros privados


Atentamente
Manuel Martin
Portvoz AGDSP




OS DATOS REAIS DA ESPERA PARA UNHA CONSULTA NO HOSPITAL DE MONFORTE

Ista é a realidade a día de hoxe no Hospital Comarcal de Monforte e non a maquillaxe do Director D. Benigno Pérez e a súa xefa Dª Pilar Farjas.

A data do 29 de abril.

-OFTALMOLOXÍA :
Consultas por enfermidade: Monforte, Chantada y Carballedo non se da cita e se recolle o voante. Resto de localidades cita para Xullo.
Consultas de saúde (revisións e graduacións): Monforte, Chantada y Carballedo non se dan cita e se recolle voante.

-DERMATOLOXÍA: Primeira consulta para finais de setembro

-NEUROLOXÍA E  PNEUMOLOXÍA: Primeira consulta se recolle o voante. A cita sae para novembro. Isto confirma a denuncia do Dr. Sarmiento na súa carta que publicamos.

-DIXESTIVO: Primeira consulta para mediados de outubro. Revisións  para novembro.

-CARDIOLOXÍA: Primeira consulta para el Dr. Izquierdo para setembro.

-ENDOCRINOLOGÍA: Primeira consulta se recolle voante e non se da cita.

-REHABILITACIÓN: Primeira consulta é para Xuño. O inicio das sesións de rehabilitación son para dentro de 4 meses mínimo.

-XINECOLOXÍA: Consultas de saúde (revisiones). Todo o calendario ocupado ata decembro  e non se dan máis citas para este ano.

-REUMATOLOXÍA: Primeira consulta para Agosto.

-HEMATOLOXÍA: Primeira consulta para Xuño.


     

Farjas pide al Gobierno central medidas para hacer sostenible la sanidad pública

La factura farmacéutica de Galicia en lo que va de mes de abril, según las estimaciones del departamento de control de farmacia del Sergas, será inferior a 70 millones de euros


La Voz de Galicia


La factura farmacéutica de Galicia en lo que va de mes de abril, según las estimaciones del departamento de control de farmacia del Sergas, será inferior a 70 millones de euros, según los datos presentados ayer por la conselleira de Sanidade, Pilar Farjas.
La cifra supone -alegó- una reducción de más de 10 millones de euros en relación al mismo mes del año anterior y una disminución del gasto superior al 13% gracias «á inercia xerada pola aplicación do catálogo». En su comparecencia sobre políticas para mejorar e innovar en gestión sanitaria durante el 17 Congreso Nacional de Hospitais, Farjas apuntó también que, en lo que va de año, gracias a la aplicación del catálogo pese a su paralización, el ahorro acumulado en Galicia superó los 40 millones de euros. Son datos que, según la conselleira, reflejan la efectividad de esa medida, algo que también ve patente en la prescripción de medicamentos genéricos, que en abril continuó en Galicia en cifras similares a los dos meses anteriores.

Rechazo a recortes en las nóminas
En su comparecencia, Farjas demandó al Gobierno de España medidas estructurales eficaces de financiación y eficiencia, como las de Galicia, para garantizar la sostenibilidad de la sanidad pública. Destacó la necesidad de que este «non continúe facendo oídos xordos ás medidas pola sostibilidade» y recordó que la factura farmacéutica permite un importante margen de ahorro, «e así o demostrou Galicia coa posta en marcha do catálogo». Y apostilló: «Espero que se o Goberno de España persiste na súa pasividade ante as dificultades na sostibilidade da sanidade, a solución non sexa recorrer a novos recortes nas nóminas dos traballadores da sanidade pública». Farjas señaló, además, que el catálogo gallego permite un ahorro un 60% mayor que la orden de precios de referencia del ministerio que entró en vigor en marzo, ya que dicha iniciativa, apuntó, no afecta a las marcas más caras, que se mantendrán en el mercado sin variar su precio.

       

29 abr 2011

Sobre as listas de espera no hospital (opinión do Dr. Manuel Sarmiento)

Publicado na sección de Tribuna da Voz de Galicia 29-4-2011

Nota: O Dr Sarmiento é Médico de Familia de atención Primaria en Chantada, da área sanitaria de Monforte.


Son Manuel Sarmiento Rodríguez, médico de atención primaria no centro de saúde de Chantada, e diríxome a este medio de comunicación diante do estupor que me causou ver como se minte dende a xerencia do Hospital Comarcal á hora de lavar a cara da Consellería de Sanidade dicindo que se recortaron as listas de espera. Desexo denunciar que hai máis dun mes solicitei para unha paciente do meu cupo interconsulta co servizo de neuroloxía. Cando volvo ver á paciente pregúntolle para cando tiña consulta e respóndeme que “aínda non ten consulta por canto as listas de espera para neuroloxía están pechadas ata o ano que ven”. Esta é a máis grande vergonza da sanidade comarcal, como para que aínda se pretenda presumir do acurtamento nas listas de espera. É verdade que neuroloxía é un servizo con longa espera, pero iso é porque na área máis envellecida de Galicia non temos xeriatría e esas funcións repártense entre neuroloxía e saúde mental, coa lóxica saturación destas especialidades. Pero por outra banda tampouco teremos pediatría, como estamos a ver no Concello do Saviñao. Ou sexa, nin está atendida a infancia nin a senilidade. Co cabreo que me provocan ditos triunfalismos, considero que a función dun xestor debería ser a búsqueda de solucións ás carencias en prestación de servizos públicos sanitarios, non a de mentir nin solapar as deficiencias nin as necesidades dunha poboación que loita para evitar o desmembramento do medio rural. Así non, señor xerente, así só se engana a si mesmo, non a unha poboación desperta e cada vez máis concienciada.

   

Os datos segundo a CIG: medio ano de espera en oftalmoloxía

La Voz de Galicia



A CIG sostén que as estatísticas oficiais sobre listas de espera do hospital, facilitadas o mércores pola dirección, non son veraces. Segundo os seus datos, a verdade é que a media para pasar por quirófano en oftalmoloxía é de seis meses (oficialmente 73 días), en cirurxía xeral de 73 e non 60, en urología sesenta días e non 44, e en traumatología 95 días e non 60. En canto ás consultas, este sindicato só facilita a súa versión sobre a espera media en oftalmoloxía, de case un ano, asegura.
A CIG quéixase ademais de que os responsables do hospital dixesen durante a presentación dos datos de lista de espera do primeiro trimestre do 2011, que nestes momentos non hai vacantes médicas sen cubrir. Hainas, di a CIG, en pediatría e raios.


O hospital asegura que non ten axendas pechadas

Un médico de Chantada denuncia que a unha paciente súa non lle dan cita en neuroloxía ata o ano que vén

La Voz de Galicia


O hospital de Monforte non ten na actualidade axendas de citas pechadas en ningunha das súas especialidades médicas. É o que asegurou onte a dirección do centro, despois de que un médico do centro de saúde de Chantada enviase a este diario un comunicado [reproducido integramente na páxina 15 deste caderno pequeno de información local] no que asegura que a unha paciente súa dixéronlle fai aproximadamente en Monforte un mes que non lle pode dar vez para ver ao neurólogo do hospital porque a axenda de citas desta especialidade está pechada ata o ano que vén.
Consultados sobre esta cuestión, portavoces oficiais da Consellería de Sanidade responderon que «non hai axendas pechadas non hospital». O único que admiten é que en función do tipo de consulta de que se trate, o tempo de espera para ver ao médico pode ser maior ou menor. Os portavoces da consellería sosteñen ademais que os únicos datos de lista de espera son os que presentou o xoves o xerente Benigno Pérez. «Non hai outros nin están maquillados», aseguran.

28 abr 2011

O tempo de espera medio para operarse é de 63 días

As cifras actuais son peores que as do trimestre anterior, pero mellores que as de hai un ano

La Voz de Galicia

Na área sanitaria de Monforte había a finais de marzo 512 pacientes á espera de operarse no hospital e o tempo de espera medio para pasar por quirófano era de 63 días. Estas cifras presentounas onte o director xerente do hospital, Benigno Pérez, que ademais engadiu que nestes momentos están cubertas todas as prazas de médicos que prevé o persoal e que o centro traballa ao 100% da súa capacidade.
O máximo responsable do hospital comparou as estatísticas de listas de espera do primeiro trimestre deste ano coas do mesmo período do 2010, e destacou que con respecto a entón a demora media para pasar por quirófano é hoxe once días máis reducida. En cambio, se a comparación se fai co trimestre anterior, as cifras empeoran lixeiramente, porque a finais de decembro a espera media para operarse en Monforte era de sesenta días, tres menos que agora.
Por servizos, os peores datos dáos oftalmoloxía, onde a espera media pasou dos 56 días de hai un ano aos 73 de agora (en decembro eran 47). Tampouco mellora otorrinolaringología, porque hoxe ten unha lista de espera de 49 días, dezanove máis que hai un ano e quince máis que en decembro.
As outras catro especialidades médicas de cirurxía dispoñibles no hospital comarcal si que melloran, tanto con respecto a decembro como a marzo do 2010. En cirurxía xeral a espera é de sesenta días, e era de 68 en decembro, igual que en marzo de hai un ano; en traumatología é de sesenta tamén, fronte aos setenta de hai tres meses e os 89 de hai un ano; en urología é de 44 días, e era de 58 en decembro e de 49 hai doce meses; e en ginecología a espera media está en trinta, e eran 48 hai tres meses e 34 fai doce.
O xerente do hospital monfortino subliñou tamén que o centro está por baixo dos límites establecidos como obxectivo pola Consellería de Sanidade para o tratamento de pacientes coas patoloxías máis graves. Os de prioridade un pasan por quirófano en dezaoito días, como media, cando o obxectivo xeral é que non esperen máis de trinta. Para os de prioridade dúas, a espera en Monforte é de 49 días.

41 días para consultas
En canto ás consultas, a 31 de marzo había 3.318 pacientes en espera, unha cifra lixeiramente superior á de hai tres meses, pero claramente inferior á de hai un ano, cando había 3.897. O tempo de espera medio para pasar consulta é de 41 días, igual que o trimestre pasado e un día menos que hai doce meses.
*Na web do Sergas non hai estatísticas anteriores
Fonte: páxina web do Sergas


O centro de saúde de Escairón queda sen pediatra

La Voz de Galicia



O centro de saúde de Escairón quedará sen pediatra porque a profesional que ocupaba ese posto obtivo praza noutra localidade no recente concurso de traslados do Sergas e está a piques de marcharse. No municipio do Saviñao hai aproximadamente douscentos nenos de ata 14 anos que mentres non se resolva este problema terán que acudir ao médico ao centro de saúde de Monforte, que dispón de tres consultas de pediatría que atenden toda a poboación infantil deste municipio e os dunha parte do resto da comarca.
A marcha da pediatra anunciouna onte o BNG do Saviñao, que reclama á Consellería de Sanidade que cubra a vacante canto antes e ao Concello que faga toda a presión posible nesa dirección.
Segundo a información facilitada por esta formación política, a pediatra que atende a consulta en Escairón presentouse ao concurso de traslados organizado polo Sergas para consolidar as prazas dos médicos interinos que traballan na sanidade pública. Ela obtivo a súa praza noutro destino distinto, pero ningún outro profesional pediu ocupar a súa vacante neste proceso, de forma que agora chega o momento do traslado e non parece que haxa substituto á vista.

Culpa dos recortes
O Bloque levará este asunto ao pleno que celebrará o venres a corporación do Saviñao. Os portavoces desta formación política neste municipio quéixanse de que este traslado «obrigará aos pais a trasladar aos nenos e nenas ao centro de saúde de Monforte, xa de por se masificado».
Eles consideran que esta situación é o froito da política de «redución do gasto sanitario» que está a aplicar a Consellería de Sanidade. Os nacionalistas sosteñen que a deterioración da sanidade pública nótase en casos como este e no «incremento dás listas de espera ou a derivación a centros privados concertados».


27 abr 2011

Nota de prensa da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Lugo

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo, despois de transcurrir medio ano desde a posta en funcionamento do novo Hospital quere facer un balance de estes meses e comunicalo os cidadans lucenses.
En primeiro lugar pensamos que non nos equivocabamos cando nos opuxemos o traslado do Centro de Especialidades, a realidade demostra que para os cidadans as consultas de especialidades son menos accesibles, tanto para os habitantes da cidade como para os dos pobos que acuden en autobus hasta a estación de autobuses.
Por outro lado os que dispoñen de coche propio e se desprazan nel, atopanse co problema do aparcamento, e a chegada hasta as consultas  que é dificultosa, sobre todo para a xente maior, que por outra banda é a mais numerosa na nosa poboación.
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública quere recordar os lucenses que os directivos do SERGAS declararon no momento do traslado (quizá co fin de aplacar os animos dos comerciantes do centro de Lugo ), que seguirian acudindo a Praza do Ferrol o mismo número de persoas que iban antes (unhos 900), pois a día de hoxe está trasladado o Centro da Praza do Ferrol o COF (centro de orientación familiar) que cita unhas 25 mulleres diarias, o SINTRON (que supón unhos 15 pacientes), e se está a espera do traslado do Centro de Diagnostico Precoz de Cancro de Mama (mamografias) dependente da Xunta e que supon unhas 50 mulleres diarias. Pois ben, sumando saen unhas 90 persoas que acudiran en vez de as 900 diarias de antes (a diferencia é considerabel), e por último e o mais grave, a promesa de rebaixar as listas de espera gracias a inversión en tecnoloxia do novo Hospital, choca coa terrible realidade, as listas de espera no momento actual son:
 
                             1ª consulta .... Abril 2012
Ciruxia Vascular
                             Revisión     .... Outubro 2012
 
 
Ecocardiogramas ......................... Xaneiro 2012
 
Colonoscopias ............................. Xullo 2012
 
 
 
                             1ª consulta .... Febrero 2012
Xinecoloxia
                               Revisión   .... Febrero 2012
 
 
Ecos Xinecoloxia .......................... Febrero 2012
 
Xeriatria ..................................... Noviembre 2011
 
Neuroloxia ................................. Outubro 2011
 
Electrocardiogramas .................... Novembro 2011
 
 
 
                             1ª consulta .... Novembro 2011
 Oftalmoloxia  cupo
                              Revision    .... Outubro de 2011
 
 
 
Campimetrias ............................. Novembro 2011
 
Neumoloxia ................................ Agosto 2011
 
Traumatoloxia ............................ Novembro 2011
 
Uroloxia Xerarquizados ................ Deembro 2011
 
Ecografias abdominais e outras ..... Outubro  2011
 
 
 
                                 1ª consulta. Agosto 2011               
Otorrino Xerarquizados
                                  Revisión ... Xullo 2011
 
 
 
Ou sexa, que a día de hoxe esta é a situación que non se corresponde coa propaganda feita pola Conselleria de Sanidade, parece increible que non se baixaran as listas de espera e que  privarase a Lugo dun recurso sanitario accesible e positivo para a nosa cidade.
Por outra banda o persoal sigue a ser deficitario, non se invirte en aumentar plantillas, ainda que se fan concertos millonarios con empresas privadas, para lavanderia, mantenemento e publicidade, a mayor parte do persoal esta sobrecargado de traballo, vaya como exemplo o itinerario seguido por un celador de consultas externas durante o turno da maña:
- 8h comenzo do turno
- reparto de listados consulta
- recollida de Resonancias Magneticas en administración despois de ser rexistradas e reparto polas consultas
- reparto de pegatinas y duplicados delistados polas consultas
- levar pacientes a algunhas consultas e a extracións
- ir a farmacia a buscar medicación solicitada polas consultas
- levar pacientes a RX
- levar pacientes dende as consultas onde se lles fan as probas ata as plantas onde estan ingresados
- repartir documentación polas secretarias das plantas de hospitalización
- levar a electromediciña duas ou tres veces material para arranxar
- levar todolos dias, a farmacia a última hora a neveira coas solicitudes de citostaticos.
- reparto de documentación que deixan nas consultas de cada servizo: suministro, cita previa, lista de espera,partes a supervisora, cita previa
- levar Hª Clinicas a secretaria da planta de varias consultas
- a maiores nalgunha planta levalle a media maña e a última hora da maña as mostras de todas as consultas de xinecoloxia e as historias de  tocoloxia a consulta de endocrinoloxia, duas ou tres veces
- pola maña ó almacen, ou calquer outra petición de calquer consulta(axudar a colocar as pacientes na silla de exploracions, etc)
- po  ultimo unha información sobre os Km percorridos día a día por un celador de consultas externas, en calquer semana escollida o azar
- luns .................... 10 Km e 263 m
- martes ................ 11 Km e 634 m
- mercores ............ 11 Km e 729 m
- xoves ................. 10 Km e 831 m
- venres ...............  9 Km  e 864 m
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública  seguira reclamando para Lugo un CAR (Centro de Alta Resolución), onde consultas e probas se resolven no mismo día.
A PDSP tamen se compromete a seguir denunciando todas estas deficiencias as que nos consuce a Conselleria de Sanidade do PP, da que é titular a Sra. Dna. Pilar Farjas , para elo utilizaranse todos os medios o noso alcance para facer chegar os cidadans lucenses os datos reais sobre a situación sanitaria, para DEFENDER a SANIDADE PUBLICA e evitar a súa privatización.

Farjas niega en el parlamento que vaya a privatizar ningún hospital o centro de salud

La consejera de Sanidad ha anunciado la licitación de 21 centros de salud

Redacción Médica


La consejera de Sanidad de la Xunta de Galicia, Pilar Farjas, ha negado en el Pleno del Parlamento autonómico que vaya a privatizar “nada”, ante las acusaciones de las portavoces de PSOE, María del Carmen Acuña do Campo, y BNG, Ana Luisa Bouza, quienes han denunciado el fomento de la financiación privada en las nuevas construcciones sanitarias.

En su turno de intervención, Farjas ha insistido en la gestión pública de los centros sanitarios de la comunidad. Y ha asegurado que “hacemos lo mismo que el Gobierno de España, las comunidades autónomas gobernadas por el PSOE y la Ley de Economía Sostenible”. Esta ha sido la respuesta de la consejera ante las palabras de Acuña, que ha declarado que “la gestión de Feijóo incumple la misión de hacer sostenible el sistema sanitario”. Y de las recriminaciones de Bouza, quien ha dicho que “la sanidad pública gallega está en peligro por la gestión desarrollada”.

La oposición se ha quejado del incumplimiento de los compromisos de creación de hospitales, centros de alta resolución y centros de salud. Farjas ha negado las acusaciones y ha señalado que los que “no hicieron nada” fueron los integrantes del gobierno anterior, quienes “vendieron una realidad virtual”, a pesar de que era “una época de bonanza económica”.

También el PSOE ha preguntado a la consejera “cuándo van a sacar a la luz el copago, seguro que tras las elecciones de mayo”, a lo que Farjas ha respondido que “el copago no está en la mesa del Gobierno de Galicia, pero sí en la mesa del presidente del Ejecutivo nacional”.

Además, la consejera ha anunciado que este año se licitarán 21 centros de salud y se terminarán de reformar 11. Con estos datos ha querido acallar las críticas de la portavoz del BNG, quien ha asegurado que “la mayoría de los centros no tienen equipamientos suficientes, no pueden realizar pruebas diagnósticas y tienen listas de espera”. Farjas ha reconocido la necesidad de modernizar la sanidad, aunque “no podemos ignorar la crisis económica”.