13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





13 dic 2010

Farjas: “Con capital privado fanse hospitais en tres anos”

A conselleira asegura que, aínda que certos servizos os xestionen empresas, o hospital de Vigo será 100% público.

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, subliñou onte que “non hai nada privado” no novo hospital de Vigo, senón “un contrato cunha serie de empresas” dirixido e “baixo o control da Xunta”. Segundo dixo, optar pola fórmula de financiamento público-privado permitirá finalizar o novo hospital vigués en tres anos cun custo similar ao que os cidadáns pagan cando piden unha hipoteca. Ademais, indicou que é unha medida pola que están a optar todos os gobernos, “tanto o de Zapatero, como o de Cataluña ou Baleares”.
En declaracións á Cadena Ser, Farjas insistiu en que o hospital que se construirá en Vigo será “100% público”, aínda que precisou que algúns dos servizos pasarán a ser xestionados por empresas privadas. Ao respecto, afirmou que dende que comezou o proceso de licitación do centro hospitalario, se expuxo publicamente que os servizos non sanitarios, tales como os de limpeza, mantemento, vixilancia ou dotación de mobiliario básico serían prestados por empresas “expertas” a través dun contrato, o que permitiría unha redución de custos.
Así mesmo, recordou que todas as prestacións asistenciais, incluíndo sistemas de información, alta tecnoloxía médica, e toda a cadea do que se denomina “bata branca” constituirían un “servizo de calidade prestado por profesionais do Sergas”. Ao respecto, indicou que estes servizos están xa externalizados noutros hospitais como o Meixoeiro ou no Xeral-Cíes na cidade olívica. Tamén insistiu en que optar por este tipo de contratos permite compensar o custo financeiro da infraestrutura.
A conselleira de Sanidade criticou que, precisamente, durante anos de bonanza económica non se puxese en marcha un proxecto “longamente esperado” como o hospital de Vigo, que prestará asistencia a 600.000 veciños da cidade olívica.



No hay comentarios:

Publicar un comentario