13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





13 dic 2010

Máis apoios ó catálogo

Farjas destaca que a confección dun inventario conta co "ok" do 75 por cento dos parlamentarios.

Outras comunidades estarían dispostas a adoptar este modelo de eficiencia.

A elaboración dun catálogo de medicamentos segue a centrar o debate no ámbito sanitario. Tras a reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Sanidade (CISNS), no que a ministra Leire Pajín rexeitou a existencia de 17 catálogos diferentes, a conselleira galega, Pilar Farjas, volveu onte para defender a súa confección. En declaracións á Cadena Ser recollidas por Europa Press, Farjas apuntou que a iniciativa conta co apoio de máis do 75% dos parlamentarios -os do PPdeG e os do BNG-, ademais do interese demostrado por outras comunidades de adoptar esta medida fronte á dispensación en monodoses dos medicamentos de maior consumo. O Goberno central pretende poñer en marcha esta medida a partir de xaneiro para lograr un aforro na factura farmacéutica dun 2 por cento. "Cónstame que conselleiros doutras comunidades autónomas están moi pendentes de como avance a aplicación deste catálogo porque eles tamén queren que só haxa un, que en todas as comunidades autónomas haxa un catálogo priorizado de medicamentos e esta política de eficiencia se estenda", aseverou a conselleira de Sanidade. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario