13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





7 abr 2011

Povisa logra un acordo co Sergas para o concerto

Pactan os termos da liquidación de 2010 e a prórroga deste ano, á espera de asinar un novo contrato

 

Galicia Hoxe

A dirección do Hospital Povisa alcanzou onte un acordo co Servizo Galego de Saúde (Sergas) sobre a liquidación do concerto de 2010 e a contía da prórroga a aplicar no ano actual á espera de que se asine un novo concerto.
Este documento, segundo informa o hospital vigués nun comunicado, foi remitido o pasado martes e asinado "a primeira hora da mañá" de onte pola dirección do centro hospitalario.
Respecto ó ano 2010, a contía fixouse en 70,35 millóns en concepto de concerto máis a liquidación de custos de farmacia, que se fixará tras a avaliación dos servizos de seguemento do concerto.
Esta cifra tomará como referencia para a liquidación que mensualmente a Administración galega efectua en concepto de prórroga a Povisa e que se aboará seguindo os criterios habituais -o 90% cada mes e o 10% restante cada trimestre-. Este acordo coincidiu coa concentración de decenas de empregados de Povisa diante da Consellería de Sanidade en Santiago para esixir a renovación do concerto sanitario, do que dependían 1.500 traballadores. No transcurso desta protesta, anunciaran a intención de manifestarse o 28 de abril en Vigo ás 20.00 horas desde a Vía Norte, en dirección ó edificio administrativo da Xunta en Vigo.
Segundo sinalou a delegada de Comisións Obreiras, Alicia González, os intentos dos traballadores de ser recibidos onte pola conselleira Pilar Farjas non deron resultado, aínda que si mantiveron un breve encontro con responsables de contratación e dos servizos xurídicos do Sergas. Na devandita reunión, segundo a versión da delegada sindical, "Sanidade di que non pode meterse nas relacións laborais de Povisa porque é unha empresa privada".
Ante esta posición, os traballadores criticaron que "o Sergas non entende nada", xa que as protestas "non son para reivindicar melloras salariais, senón para manter 1.500 postos de traballo dun hospital que ten un concerto coa administración pública". Alicia González, ademais, criticou que a conselleira non os recibira e sinalou que os traballadores se senten "menosprezados". Por iso, decidiron iniciar un calendario de protestas máis contundentes , que comezarán coa manifestación do día 28 de abril, e avanzaron que xa non aceptarán outro interlocutor que non sexa a conselleira.


O PPdeG insiste na vontade de dialogar
Pola súa parte, o voceiro de sanidade do PPdeG, Miguel Santalices, a preguntas dos medios nunha roda de prensa sobre materia sanitaria, reiterou a "vontade de dialogar" da Consellería de Sanidade. "Somos conscientes de que neste momento os servizos de Povisa son imprescindibles na área de Vigo e o que hai é un tema en que está por medio un concerto singular, no que ten adscrito un sector da poboación," afirmou o popular.

Comeza o trámite de Pontevedra
O Sergas iniciará "proximamente" a tramitación correspondente á adxudicación do estudo de expropiación do novo hospital de Pontevedra que, segundo estima, "podería estar adxudicado en xuño".
 

El Sergas y Povisa firman la liquidación de 2010 (El País)

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario