13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





7 abr 2011

PSdeG E BNG temen a perda do nefrólogo de garda no Barbanza

A Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo tamén anunciou a concesión do Hospital de Burela
 
Xornal de Galicia
 
Deputados do PSdG e o BNG reuníronse onte por separado con representantes da Plataforma para a defensa da Sanidade Pública do Barbanza para entregarlle as iniciativas parlamentarias relacionadas co hospital comarcal presentadas por ambas formacións. A oposición coincide en denunciar que, se se privatiza o tratamento de diálise –que a Xunta podería adxudicar á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (Friat)– no centro, a comarca quedaría sen nefrólogo de xeito permanente.
A plataforma, que se acaba de constituír, denunciou xa a pasada semana a intención da Administración galega de privatizar parte do Servizo de Nefroloxía, mentres que esta mesma semana fixo entrega de 2.000 sinaturas ao Sergas para reclamarlle celadores para o Hospital do Barbanza. De momento, Sanidade non confirma a concesión da prestación á empresa que xa xestiona a diálise dos centros de O Barco e Verín, e que se encargaría tan só de poñer o persoal sanitario, empregando as instalacións do Sergas. O deputado popular Miguel Santalices asegurou onte que os doentes –algúns dos cales teñen que acudir a Santiago a recibir un tratamento que na comarca só se ofrece tres días á semana– “poden estar tranquilos pola calidade e recursos humanos” da fundación privada.
Pola súa banda o deputado socialista José Manuel Lage asegurou que “o PP está ensaiando no Hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais” e defendeu que os doentes da zona teñen que ter os mesmos servizos que na Coruña. Tamén a deputada nacionalista Ana Luísa Bouza recordou que a privatización non reduce o custe do servizo e que a Xunta o “privatizaba empeorando a atención para dar beneficio a unha empresa.
Marián Rodríguez, voceiro da plataforma, indicou que o Sergas deu marcha atrás pola presión social, pero que a empresa xa anunciara a concesión por parte da Administración galega da prestación, tanto no centro do Barbanza como no Hospital de Burela. “Dixérono nunha revista nefrolóxica e enviaron persoal ao hospital” de Ribeira, detallou.

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario