13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





27 mar 2011

Seiscentos médicos de familia coñeceron onte os seus destinos

La Voz de Galicia


A guía Repsol foi clave para un bo número dos 602 médicos de familia que onte elixiron destino, porque se trataba de calcular distancias desde o punto de residencia ao novo lugar de traballo, unha praza fixa na rede de centros de atención primaria e puntos de atención continuada (PAC) do Sergas.
Os novos médicos son os que aprobaron a oposición hai tres anos. A práctica maioría deles estaban a ocupar algún posto interino desde entón ou movéndose por Galicia facendo substitucións. Outros teñen tras de si unha longa experiencia de interinidade. O Sergas non fixo pública a relación de destinos ata hai unha semana, e o mar de fondo que axitou as augas do colectivo está en que non sacou interinidades ocupadas por médicos que suspenderon a oposición ou que nin sequera se presentaron porque, como apuntaba unha nova doutora, «sabían que non ían sacar a provisión dá praza, ou que é moi inxusto, porque adoitan ser as mellores, pero a resposta do Sergas é que esa é a súa política de sempre, que nin obriga aos interinos a presentarse á oposición».
En calquera caso e pese a quen pese, o proceso non se detén e o salón de actos do Sergas foise enchendo, de nove da mañá a dúas da tarde, de sucesivas quendas, empezando por farmacéuticos, odontólogos e pediatras; un grupo de médicos de familia de promoción interna, que tamén foron citados onte, para dar paso por orde alfabética e por tramos de nota ao groso dos aspirantes que aprobaron as oposicións.
Tempo e quilómetros
As posibilidades viñan estudadas de casa. Moitos coñecían as expectativas dos que están arriba ou abaixo do seu número nas listas. Outros, como Arturo, utilizan de baremo a guía Repsol para calcular tempo e quilómetros á hora de elixir «e considerando variables como ter ou non un hospital de referencia preto».
Unha moza saíu preguntando onde quedaba Manzaneda, que está entre os destinos non desexados «porque queda lonxe de calquera cidade, onde é máis fácil conciliar intereses familiares e laborais, e sen estímulos hai desmotivación», asegura.
Non tomarán posesión ata despois de Semana Santa, así que no peor dos casos teñen unhas semanas para organizarse e barallar opcións como pedir redución de xornada.


  

26 mar 2011

«Chegou o día» del servicio de urgencias, gracias a Feijoo

El alcalde de O Incio utiliza en una carta a los vecinos un eslogan del PP para resaltar la gestión de la Xunta

Los 2.016 habitantes del municipio lucense de O Incio que aún no estaban al corriente tuvieron la oportunidad de intuir que no tardarían en celebrarse elecciones cuando a finales de febrero empezaron a recibir en sus domicilios una carta del alcalde. Ángel Camino Copa, que desempeña este cargo desde hace 20 años, remitió una misiva con el membrete del Ayuntamiento a sus conciudadanos para informar sobre el restablecimiento del servicio de urgencias sanitarias, suprimido hacía seis años para reconcentrar la prestación en un punto de atención continuada (PAC) más lejano, y atribuye el logro de la gestión al «decisorio apoio» de Feijoo.
El regidor popular no solo pone en valor en la comunicación el buen hacer del Ejecutivo autónomo y de su presidente, del que destaca «o seu compromiso comigo dende o día seguinte á súa toma de posesión», sino que además intercala en la carta, con letra negrita y en mayúsculas, una reedición del eslogan «Chegou o momento», utilizado por los populares en la campaña de las autonómicas que le abrieron a Feijoo las puertas de Monte Pío.
«¡Chegou o día!», recalca el escrito del alcalde, «e chegou, creo eu, grazas a un arduo traballo feito». Y prosigue como quien no quiere la cosa: «Ocultaría a verdade se non dixera que para este logro foi decisorio o apoio do sr. Núñez Feijoo».
Trato «discriminatorio»
El tratamiento dado por el Servizo Galego de Saúde (Sergas) al municipio de O Incio ya suscitó recelos en localidades próximas, pero con gobierno de distinto signo político, como A Pobra do Brollón, cuyo alcalde, del BNG, José Luis Maceda, declaró a La Voz en Monforte que su concello sufrió un trato «discriminatorio».
El restablecimiento de las guardias médicas en O Incio no solo levanta envidias en algunos enclaves de su entorno, sino que el caso incluso llegó al Parlamento gallego para ser abordado a través de una iniciativa del PSOE. La ejecutiva provincial de este partido ya reclamó que los horarios de urgencias de O Incio se apliquen en todos los centros de salud de Lugo, mientras el portavoz del área institucional, José Manuel Lage, registró una batería de iniciativas en la Cámara para pedir explicaciones por el episodio médico de O Incio al presidente de la Xunta. «Feijoo está inaugurando unha nova etapa no Goberno autonómico, a do neocaciquismo», manifestó el diputado socialista en declaraciones a La Voz, pues asegura que tanto el número uno del PPdeG como su segundo, Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, «agochan baixo a aparencia da modernidade os modos caciquís de Baltar».


25 mar 2011

A Plataforma Sanitaria de Vigo agradece a concesión do galardón de vigueses distinguidos



A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo quere mostrar a súa satisfacción e o seu agradecemento ao Concello de Vigo pola concesión deste galardón.
Consideramos que esta honra é un recoñecemento ao esforzo dos múltiples colectivos que a integran, que veñen traballando desde comezo dos anos 90 pola mellora da sanidade pública de Vigo en temas como os servizos de urxencias, a denuncia das listas de espera, a oposición á segregación discriminatoria dun área de poboación sen acceso ao hospital publico de Vigo, á privatización nos anos noventa da alta tecnoloxía a través de MEDTEC, a oposición á privatización do novo hospital de Vigo cuxo financiamento, construción e xestión adxudicouse a un consorcio de empresas privadas polo modelo PFI e, moi importante, á previsible redución do proxecto orixinal deste hospital en camas, servizos, e dispositivos docentes e de investigación.

A Plataforma é unha alianza de organizacións sociais, veciñais, de usuarias e usuarios da sanidade, de enfermos con patoloxías crónicas, de organizacións profesionais da sanidade, de sindicatos e de partidos políticos. Todas elas, por encima de lóxicas diferenzas de puntos de vista, áreas de interese e de obxectivos, puxeron en común algo moi sinxelo que case todo o mundo entende e que a cidadanía valora: a sanidade publica é un ben moi importante para o benestar dos cidadáns, e debe mellorarse e fortalecerse.
Traballamos en Rede, por consenso democrático e estamos abertos a toda organización ou persoa que comparta a idea dunha sanidade pública, equitativa, accesible e de calidade, para toda a cidadanía da área de Vigo.
A Plataforma en consecuencia, apoia todo o que reforce a calidade da sanidade pública viguesa veña de onde veña; e opúxose e oporase a todo o que a debilite e fragmente, tamén proceda de onde proceda.
Consideramos que a distinción do Concello de Vigo, mais que un premio a quen dedicamos o noso tempo e esforzo, é un premio á cidadanía da área de Vigo que deu repetidamente nas rúas da cidade un exemplo único en Europa, defendendo o seu sistema sanitario público dos ataques neoliberáis que pretenden a súa privatización. Vigo é un referente na loita da cidadanía en defensa dos seus servizos públicos e numerosas publicacións sanitarias a nivel nacional e internacional fixéronse eco destas actividades que innovaron as formas de intervención social e profesional na mellora sanitaria.
Como representantes da Plataforma sentímonos compracidos por facer todo o posible por atraer investimentos sanitarios á comarca de Vigo, claramente discriminada respecto de áreas similares doutras zonas de Galicia. Con todo comprobamos que a maioría dos investimentos sanitarios foron desviadas, desde fai décadas, a entidades alleas ao SERGAS. Como consecuencia existen importantes déficits en Vigo e a súa área metropolitana no que incumbe a infraestruturas hospitalarias, centros de alta resolución, centros de saúde e tecnoloxías sanitarias avanzadas..
Desde a Plataforma, non nos limitamos a denunciar e promover mobilizacións cidadás e profesionais na defensa e mellora dos nosos servizos sanitarios, senón que tamén realizamos traballo de investigación sobre a situación e necesidades hospitalarias, de atención primaria, saúde mental e atención sociosanitaria: no ano 2000 elaboramos o Informe REVISAN, que incluía propostas en cada un destes niveis asistenciais entre os que cabería destacar a proposta de construír un Novo Hospital en Vigo que agrupase todos os recursos dispersos en diferentes centros, moitos deles xa obsoletos ou en mans privadas, cunha xerencia e porta de urxencias únicas, que unificase todos os recursos e dotase ao centro dun potente carácter universitario e investigador como centro de referencia do cancro en Galicia.
Como vimos denunciando aos longo dos últimos anos este proxecto está en perigo coa proposta de financiamento e xestión privada (Modelo PFI) que pretende recortar os seus recursos, renunciar ao seu carácter estratéxico e manter a dispersión de recursos, a presenza privada e a fragmentación das urxencias. A masiva participación nas sucesivas manifestacións convocadas pola Plataforma deixan ben claro o rexeitamento da maioría da cidadanía da área de Vigo e do seu tecido social e institucional a esta alternativa.


Vigo, 24 de marzo de 2011

Plataforma Para a Defensa da Sanidade Pública da área de Vigo
 
  

CARTA DE C.I.G.-SAÚDE Á CONSELLEIRA

Pilar Farjas Abadia.
Conselleira de Sanidade.

A sanidade pública é un dos alicerces da nosa sociedade, a súa prestación a través do sistema público garante , entre outros, o principio de equidade e mantén o carácter de servizo público.
A política sanitaria que se está a levar a cabo pola Consellaría de Sanidade vai encamiñada en fomentar a privatización dos servizos públicos a través dos proxectos de colaboración pública privada, co único fin de aforrar custos (feito non demostrado) en detrimento da calidade.
A incorporación no SERGAS da colaboración pública privada estase a facer co maior escurantismo posíbel, mediante a política de feitos consumados. Esta colaboración no se axusta exclusivamente á posta en funcionamento das novas infraestruturas sanitarias, se non que inclúe un modelo mais ambicioso como a prestación de servizos clínicos mediante esta fórmula.
Como exemplo disto, temos  a intención da Consellaría de Sanidade de trasladar á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT) a prestación do servizo de diálises do hospital do Barbanza a esta Fundación.
O servizo de diálises ven funcionando neste hospital con altos  niveis de calidade, dando un servizo á poboación do Barbanza sen que esta se teña que desprazar a outro centro hospitalario. Motivado pola demanda que presenta o devandito servizo, desde a Dirección do centro tense presentado perante esa Consellaría un proxecto de ampliar a prestación do servizo a todos os días da semana, xa que agora só funciona 3 días.
Ante esta petición, motivada por criterios asistencias que permita garantir esta prestación sen  ocasionar desprazamentos ás/aos doentes, a resposta da Consellaría que vostede dirixe é privatizar o servizo.
Seguramente na comunicación pública que vostede emita xustificando esta decisión, basee os seus argumentos en facer máis con menos; pero omitindo o dato de que este modelo é máis barato porque as instalación e a tecnoloxía a cede o SERGAS.
Desde  CIG-SAÚDE solicitamos se paralice a  decisión da Consellaría de privatizar o servizo de diálises do hospital do Barbanza mediante a cesión á Fundación FRIAT.  Así mesmo, solicitamos que se poña en marcha o proxecto de ampliar este servizo a todos os días da semana, garantindo a prestación  e evitando desprazamentos fora desta comarca.
Parécenos lamentábel o retroceso que estamos a sufrir na sanidade pública.
Agardando teña en conta as nosas consideracións.


Compostela, 25 de marzo de 2011.


Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

El hospital de Santiago demora dos años los resultados de una prueba diagnóstica

El Sergas da cita a la paciente en el servicio de urología para enero de 2013 

 

El País

Debe de ser un error. Es lo que pensó Aurora Ourille cuando recogió su volante en el Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) tras hacerse una prueba por un problema de cistitis. La fecha para que el especialista revisase los resultados era el 21 de enero de 2013, dos años y un mes después de ser sometida a una cistografía.

Debe de ser un error. Es lo que todo el mundo le dice a Aurora cuando cuenta su caso, al sacar la cita del Servizo Galego de Saúde (Sergas) para 2013, para cuando su salud puede haber mejorado, empeorado o, lo que es casi seguro, presentar unos síntomas totalmente distintos a la fecha de la prueba.
Debe de ser un error. Fue la primera impresión de una portavoz del CHUS cuando este periódico se puso en contacto con el hospital para comprobar la razón de esta demora. Pero hace ya tres meses que Aurora fue sometida a la cistografía, una prueba que no es precisamente rutinaria a los ojos de un paciente común. Consiste en someter a rayos X a la vejiga, para la que previamente hay que introducir una sonda y un colorante que logra el contraste que permite al especialista de urología diagnosticar la dolencia.
Para cerciorarse de que no era un error, tal y como pensó ella, opinaron los familiares y conocidos que supieron del caso y supuso la portavoz del CHUS, Aurora fue al médico de cabecera. Según cuenta, se limitó a contestarle "con malas maneras" que "esto es lo que hay". "¿No puedo hablar con alguien que esté por encima de usted para preguntar qué falla?", preguntó ella. "Me respondió que por encima de él solo estaba su mujer", continúa relatando. Después acudió al servicio de atención al paciente del hospital, el procedimiento adecuado, según el propio centro. Y, tras poner su queja, no hubo respuesta. Hasta ahora no ha recibido ninguna noticia del CHUS.
No era la primera reclamación que hacía. La primera cita del médico de cabecera para acceder a la prueba estaba fijada para el 22 de septiembre de 2011. Tras interponer una queja, adelantaron la cistografía al 22 de diciembre de 2010.
El CHUS explica que, de momento, no puede explicar qué sucede con este caso concreto, tiene que hacer las comprobaciones de cómo se tramitó su reclamación en atención al paciente. Detalla que la media para una primera cita en Uroloxía, la especialidad que afecta a esta mujer de 59 años, es de 45 días. Todo un logro, si se tiene en cuenta que se considera como el paso más importante para evaluar la gravedad de una dolencia y hace algo más de un año superaba los 100. Esta primera demora es, además, la única que cuenta en la publicación trimestral de la lista de espera de especialidades.
"Resuelto esto, estamos trabajando para que las segundas citas ronden el mes y medio o dos meses", relata la portavoz. ¿En cuánto está ahora? "Depende del paciente". Dos años y un mes, en el caso de Aurora. Estos datos no saldrán reflejados dentro de unos días, cuando el Sergas publicite los resultados de la demora en el primer trimestre del año.
Y no, no parece un error.

  

O Sergas revisará o tratamento de todos os pacientes polimedicados

Comezará con aqueles que tomen máis de quince fármacos

La Voz de Galicia


A definición de paciente polimedicado é a daquel que toma máis de seis fármacos diferentes durante máis de seis meses. O envellecemento da poboación galega e o alto índice de enfermos crónicos fai que nunha primeira etapa sexa inabarcable revisar os tratamentos de todo este colectivo, polo que o Sergas comezou xa a comprobar o historial farmacolóxico dos que están a tomar máis de quince fármacos.
En Galicia son miles as persoas con pluripatología e, polo tanto, as que toman numerosos medicamentos. Os estudos científicos reflicten que un paciente con máis de dez é moi probable que teña interaccións entre eles. O que pretende a Xunta é detectar se existen reaccións adversas entre os fármacos que toma un usuario, duplicidades, ou se ten algunha patoloxía que desaconsellaría determinado consumo.
Os encargados de facer o primeiro cribado coa historia clínica dos pacientes van ser os farmacéuticos de atención primaria. Se detectan algún tipo de anomalía, remitirán o informe ao médico de cabeceira, que será o que modifique o tratamento. Se nun primeiro cribado non se detecta ningún problema, o persoal de enfermería de primaria encargarase, co paciente diante, de determinar se se toma a medicación ou se o fai correctamente. Naqueles casos de persoas moi maiores ou con dificultades, o persoal de enfermería encargarase de explicar por escrito como administralo; ou ata de colocalo en sistemas personalizados de unidosis (pastilleros), para evitar erros.
Non é infrecuente que os pacientes polimedicados teñan interaccións nos seus tratamentos. Un dos problemas principais, que a informatización da sanidade está a paliar, son as visitas ao especialista nas que cada facultativo prescribe un tratamento, o que provoca duplicidades. Noutros casos o paciente relata ao médico un efecto secundario dun fármaco, e este trátase con outro fármaco en lugar de retirar ou cambiar o primeiro, o que provoca unha fervenza de medicamentos. Nieves Domínguez, directora xeral de Asistencia Sanitaria, explica que aínda que o Sergas comezará cos que toman máis de quince fármacos diferentes, o obxectivo é chegar a todos os polimedicados. Os dous primeiros médicos eméritos do Sergas, Fernando Diz-Lois e Ovidio Fernández, estarán implicados neste proxecto e encargaranse tamén destas revisións.
Obxectivo: máis seguridade
Aínda que a revisión dos tratamentos producirá un aforro, o obxectivo non se enmarca nas políticas de contención do gasto farmacéutico, senón na abordaxe do paciente crónico, que se converteu no usuario principal do sistema sanitario, coa finalidade de mellorar os seus tratamentos e polo tanto a súa seguridade.
Santiago: 64.000
Afectados nesta área
Na área de Santiago hai 64.000 persoas de máis de 65 anos con patoloxías crónicas.
Polimedicados: 6
Durante máis de seis meses
A definición de polimedicado implica seis ou máis fármacos durante polo menos medio ano.
Primeira fase: 15
Un plan completo
O Sergas revisará todos os tratamentos, pero comezará cos de máis de 15 fármacos.

24 mar 2011

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol manifestouse hoxe en Ferrol

Con motivo da celebración do Consello da Xunta de Galicia, a Plataforma manifestouse hoxe, xunto a outros colectivos, en Ferrol diante do Edificio Administrativo da Praza de España para amosar a nosa disconformidade co trato dado a esta Área Sanitaria en particular e á Sanidade Pública en xeral, por parte da actual Xunta de Galicia e dado a falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol:
  • Redución de Orzamentos da Consellería de Sanidade e do Sergas.
  • Falla de compromiso coa Atención Primaria.
  • Incremento das listas de Espera.
  • Aposta decidida polo Juan Cardona en detrimento da Sanidade Pública.
  • Privatización da xestión dos centros de primaria de Cedeira, A Capela, Ares e Narón.
  • Ningún investimento en alta tecnoloxía no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide.
  • Diminución das contratacións de persoal.
  • E outros moitas carencias.








 

Medicina de la privada y señoras de la limpieza (I) (por Mónica Lalanda)

El Mundo


La próxima vez que usted acuda a la consulta privada, recuerde que su médico gana con su visita poco más o menos lo que la señora que limpia el consultorio, y bastante menos que la peluquera que le hizo la permanente o el mecánico que le cambió el aceite. La sociedad española decidió hace ya mucho tiempo que los médicos están forrados y los que ejercen en la privada son multimillonarios, y no le interesa conocer la realidad. El médico es un ser mezquino, pesetero y despreciable, y cualquier noticia que pueda desmentirlo no interesa.


Los que estamos en el mundo de la medicina sabemos hace tiempo que lo que pagan las compañías médicas sólo puede describirse como retribución basura, indigna o insultante, y ahora por fin se confirma con cifras. La Organización Médica Colegial, junto con Medical Economics, ha publicado hace solo unos días un estudio representativo de los ingresos por consulta privada en nuestro país

Casi un 40% de los médicos que ejercen en la medicina privada saca entre 10.000 y 40.000 euros de ingresos brutos al año, aunque sólo un 40% cobra la cantidad acordada y a tiempo. Nueve de cada diez euros de los ingresos proceden de las compañías aseguradoras, mutuas o entidades similares. Claro que si a alguien esto le suena a mucho, acuérdense de descontar los costes al año de alquiler de consulta, seguros, publicidad, instrumental médico, formación, cuotas profesionales, Seguridad Social, suministros, personal, etc., etc., que son de muchos miles de euritos (entre 10.000 y 30.000 al año). Vamos que... las gallinas que entran por las que salen.

Es significativo que la poca prensa nacional que ha hecho eco de la noticia, utiliza titulares sensacionalistas y manipula la información para reafirmar la idea que vende, el médico en la privada se forra

El médico de la privada trabaja de media cinco horas al día y cinco días a la semana, y la mayoría lo hacen al terminar su jornada en el Sistema Nacional de Salud y atiende a un promedio de 50 pacientes por semana. Las tarifas medias que pagan las compañías indican que, por verle a usted en consulta  su médico cobrará unos 9,05 euros y, una vez restados los costes, 4,04.

Su médico se puede comprar tras su visita, una bolsa de chuches de las grandes. 
Si aún no ha cuajado la idea, quizás les interese saber que la mayoría de las compañías retribuye las cirugías mayores  (como poner una prótesis de cadera o hacer un by-pass coronario) que requieren al menos dos cirujanos y una enfermera con menos de 1.000 euros brutos por operación. Da para las chuches y una cena en familia... en un McDonalds.

¿Y por qué hacen los médicos medicina privada? ¿Quién sabe? El médico español está tan pisoteado que es incapaz de levantarse contra el abuso o quizás lo hace por el prestigio, o por la libertad de hacer las cosas como quiere. Quizás porque disfruta con su trabajo y, por supuesto, por las chuches, claro. Una bolsa grande de chuches es mucho.

A represión franquista (por Pablo Vaamonde)

Hai uns días presentouse na Coruña o libro Médicos ourensáns represaliados na guerra civil e na posguerra, escrito por David Simón Lorda (médico psiquiatra nacido en Aragón máis formado en Ourense), que estivo acompañado polo editor e historiador Ricardo Gurriarán. 

 

Galicia Confidencial

Trátase da reedición -corrixida e ampliada- dun texto publicado en 2002 que espertara, xa daquela, un enorme interese. A represión na contorna sanitaria é un tema apenas estudado e aínda hai quen pensa que os profesionais da sanidade se puxeron maioritariamente á beira do bando golpista. Máis o certo é que, a día de hoxe, o autor ten datos de máis de 150 médicos galegos represaliados pola ditadura durante a guerra e a posguerra. David Simón comezou esta investigación hai dúas décadas cando tentaba recuperar a memoria do seu avó materno, Alejandro Lorda, fusilado en Zaragoza, á idade de 37 anos, xunto con outras vinte e cinco persoas, nos inicios da guerra civil. Foi o momento de vencer a resistencia para falar do sucedido, de superar a interiorización do silencio dos vencidos, que só se atrevían a recordar os seus mortos e as feridas ainda abertas no ámbito privado e familiar. Vai ser certo, como dixo Suso de Toro, que a historia da guerra civil téñena que contar os netos, que están a recuperar o que lles foi ocultado, a sacar á luz os cadáveres da historia.
Recorda o autor que en Galicia, co apoio do goberno de progreso, produciuse o lanzamento e o soporte financeiro e institucional a diversas iniciativas e proxectos (entre outros: www.nomesevoces.net) que tentan recuperar a memoria daquel tempo escuro, daquela prolongada ignominia. Sinala a repercusión negativa que a represión tivo no desenvolvemento da ciencia médica e na organización da asistencia sanitaria. Coñecer a importancia dos profesionais represaliados danos a medida das consecuencias irreparables que a súa desaparición tivo para o desenvolvemento do país (Peña Rey). Mais a Xunta actual, en mans do Partido Popular, non concorda con estes formulamentos: xa ten retirado o 90% das subvencións para estas investigacións.
O libro de David Simón é un texto rigoroso e ben documentado, froito de moitas horas de traballo en arquivos públicos e privados e de decenas de conversas con testemuñas e familiares. Hai que destacar a importancia deste traballo, agora que as contornas políticas e mediáticas máis conservadoras tentan frear as iniciativas de recuperación da memoria e de restauración da dignidade dos vencidos..

   

23 mar 2011

Bóveda terá o maior centro para discapacitados de Galicia

Unha empresa catalá terminará a residencia que empezou Eurolar
 
La Voz de Galicia 




Unha empresa catalá reflotará o proxecto do xeriátrico que Eurolar deixou a medio construír en Bóveda hai catro anos, aínda que lle dará un novo enfoque. Atención Integral Personalizada (ATI) investirá 7,7 millóns de euros na posta en marcha neste edificio dunha residencia para 116 persoas con discapacidades e un centro de día con sitio para trinta máis. Será a maior residencia de Galicia para persoas con dependencias.
O proxecto presentárono onte no centro sociocultural de Bóveda representantes da empresa promotora, a Xunta e o Concello. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, confirmou ante os veciños que acudiron ao acto que esta iniciativa recibirá un crédito de catro millóns do Igape, o que supón algo máis da metade do custo estimado para rematar a obra do edificio e equipalo cos medios precisos. Todos insistiron en destacar o que estas instalacións representarán para Bóveda, porque prestarán un servizo social moi demandado, polos postos de traballo directos precisos para sostelo e polo movemento económico que xerará.
Segundo a información facilitada onte pola Xunta, esta residencia estará aberta para maiores de 16 anos «con discapacidade intelectual gravemente afectadas e dependentes». Fuentes do Concello confirmaron ademais que aínda non está claro se haberá prazas concertadas, e xa que logo a prezos máis económicos, ou se as familias dos usuarios terán que pagar tarifas 100% privadas.
Preguntado polos xornalistas presentes no acto, o conselleiro de Economía e Industria evitou falar de prazos. En calquera caso, os responsables municipais din que na empresa se propoñen terminar a obra a tempo para abrir antes de que termine o ano. Terán que darse présa, porque cando Eurolar decidiu paralizar a construción do xeriátrico só fixera entre un 25% e un 30% do traballo.
Os novos propietarios do edificio tiveron que refacer o proxecto técnico inicial, pensado para unha residencia de anciáns con noventa prazas e un centro de día de sesenta. Por exemplo, agora non fará falta o tanatorio, un servizo imprescindible nun xeriátrico, e haberá máis espazo para a área de fisioterapia e a lavandería.