13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





17 ene 2011

O Goberno galego liquida a Fundación Galicia Saúde

Bota a culpa da crise do sanatorio ao bipartito e ao Estado, aínda que o seu déficit aumentou un 40% co intento de privatización de Farjas

Xornal.com


A Xunta anunciou onte a través dun comunicado o “inicio do proceso de extinción da Fundación Galicia Saúde”, entidade que xestionaba o hospital do Centro Gallego de Bos Aires desde hai oito anos e que colaboraba así na asistencia sanitaria dos miles dos seus socios galegos.
Na nota, o Goberno de Feijóo asegura que extinguir a fundación é “unha decisión avalada polos membros do padroado” dunha entidade na que están representados a Xunta e máis o Centro Gallego, e ante a difícil situación económica pola que pasa. Fontes do hospital, no entanto, aseguraron a Xornal que a liquidación foi apoiada por todos os representantes do Executivo galego e polas tres asociacións afíns ao PP, pero non por outro dos colectivos e tampouco polo propio presidente do Centro, Carlos Vello, que votou en contra.
Os membros do hospital que deron o si á extinción foron os mesmos que apoiaron hai meses a privatización da xestión por parte de 3A Recoletas, un proceso inacabado e caótico que incrementou nun 40% o déficit do Centro, cuxa débeda ascende a case 20 millóns de euros, e que provocou unha división histórica entre a diáspora.
Malia iso, a Xunta aclara no seu comunicado que “o Goberno vai apoiar a iniciativa do Centro de asumir a xestión integral do hospital” e que este novo modelo “reverterá exclusivamente no beneficio dos emigrantes”.
Ademais, engade que “a difícil situación económica produciuse pola xestión do bipartito” e asegura que “as actuacións dos anteriores xestores produciron un progresivo endebedamento”, ademais de reclamar máis axuda ao Goberno central.
A versión das fontes achegadas á dirección do hospital é ben distinta, xa que advirten “do aumento da débeda provocada pola xestión fallida de 3A Recoletas” e dun embargo nas contas da Fundación que é en realidade o causante último da súa quebra. De feito, o xerente xeral da entidade avisou por e-mail ao propio Executivo de que esa medida xudicial poñía “en serio risco a continuidade do organismo” ao supoñer uns 4 millóns de euros, o equivalente ao 60% dos soldos dos 1.200 traballadores. Tampouco se di nada no comunicado da Xunta do acordo ao que chegara co Centro Gallego e polo que achegaría preto de 10 millóns de euros durante os vindeiros cinco anos para facerse cargo da metade da débeda e acabar así cos números vermellos da Fundación. A cambio, o Centro asumiría paseniñamente a xestión total do hospital.
Os plans da Consellería de Sanidade son outros. Nomeará un auditor que “liquidará en dous meses a Fundación en Arxentina” e “tratará de levala ao concurso de acredores”. “O obxectivo é evitar pagar a débeda pendente e agochar o escándalo que se podería provocar en Galicia”, explican fontes do hospital, que lembran que “os veteranos socios do Centro corren o risco de perder a institución e quedar sen atención médica”.
“Quixeron facer negocio co hospital a través dunha empresa privada á que daban millonarias subvencións, pero como non puideron, agora abandonan e non queren pagar as débedas; non sei que lle van dicir aos vellos que axudaron a Galicia na posguerra e agora quedan sen recursos”, remata un socio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario