13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





23 dic 2010

Confirmadas irregularidades nas oposicións do Sergas

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage Tuñas interveu o xoves no Pleno da Cámara, mediante unha interpelación, para reclamar explicacións sobre as irregularidades detectadas na corrección dos exames nos exames nos procesos selectivos para o acceso ao emprego no Sergas. Alí reclamou responsabilidades “polo escándalo maiúsculo nas oposicións”.
Pola súa banda, o Valedor do Pobo rematou este venres a investigación "provisional" sobre o caso. Benigno López confirma as irregularidades en todo o proceso. Entre os defectos destaca a participación como examinadores de funcionarios que non deberían ter participado, tanto por seren familiares de candidatos como por seren superiores dos examinados.

Esperanza Fernández Lago
Con todo, López destaca que a Xunta xa tomou medidas para corrixir esta eiva. A  directora de recursos humanos del Servicio Galego de Saúde (Sergas), Esperanza Fernández Lago, relevou a Rosario García Villadangos como presidenta do  tribunal da oposición de enfermería
. A Xunta tomou esta decisión tras as continuas denuncias socialistas. O PSdeG volveu a pedir hoxe a demisión da directora xeral de Recursos Humanos do SERGAS.
Os "incumplimientos e irregularidades" atopados polo Valedor afectaron a "case todas as fases" das oposicións ao Sergas, xa que se observaron na designación dos membros dos tribunais, nas causas de abstención deles, nas funcións e responsabilidades dos tribunais, nos procesos de elaboración dos contidos dos exames, nas actuacións do persoal colaborador do tribunal, en custódiaa dos contidos dos exames e no proceso de corrección", entre outros intres.

Lage acusa a directora xeral de mentir
No Parlamento o deputado do PSdeG denunciou que un opositor corrixiu o seu propio exame nas probas selectivas do Sergas, por iso reclamou “responsabilidades políticas dentro do Goberno de Feijoo”. Lage Tuñas lembra que dende o PSdeG “denunciamos dende hai tempo graves irregularidades nestes procesos selectivos”.


     

No hay comentarios:

Publicar un comentario