13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





23 dic 2010

A Xunta quere garantir por lei as esperas máximas

Feijóo condiciona a posta en marchada normativa de Garantías de Demora Sanitariaó pagamento do Fondo de Cooperación do Estado.

Os galegos poderán contar cun "seguro de espera" que, por lei, lles garantira os tempos máximos de espera en función da patoloxía e a gravidade. Alberto Núñez Feijóo, que durante a súa campaña electoral acuñou a "espera cero" para as enfermidades de maior gravidade, puxo onte como condición para impulsar a Lei de garantías de demora sanitaria o pago do Fondo de Cooperación que lle reclama ó Goberno central e que contabilizou nos Orzamentos de 2011 a pesar das negativas do Estado. O presidente atrasou ata o último momento da súa réplica a "Pachi" Vázquez para anunciarlles ós deputados que "se a Galicia non se lle vetan os 243 millóns do fondo", no primeiro semestre do ano botará a andar a lei que creará o "seguro de espera" para marcar os tempos máximos de demora.
O presidente buscou a ocasión na réplica ó líder socialista, que lle botou en cara 50.000 pacientes pendentes dunha cirurxía e os colapsos no CHUS, para adiantar que a finais de ano, "se as cousas seguen como van" a espera para os casos de maior urxencia será de 30 días, no seguinte nivel 60, e no total de 70.

  

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario